César Portela
César Portela Fernández-Jardón, nado en Pontevedra o 18 de abril de 1937, é un arquitecto galego.
César Portela | |
---|---|
Nome completo | César Portela Fernández-Jardón |
Nacemento | 18 de abril de 1937 |
Pontevedra | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | arquitecto |
Pai | Agustín Portela Paz |
Fillos | Sergio Portela, valor descoñecido e valor descoñecido |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fillo de Agustín Portela Paz. Estudou nas Escolas Superiores de Arquitectura de Madrid e Barcelona, licenciouse en 1966 e obtivo o doutoramento dous anos despois.
Foi profesor invitado en numerosas universidades e institucións, como a Escola Superior de Arquitectura de Pamplona, Nancy, Caracas, Lisboa ou Weimar. Colaborou na organización e deseño de diversos seminarios e obradoiros de arquitectura, como o dirixido canda a Aldo Rossi en Santiago de Compostela (1974), os Obradoiros Internacionais de Arquitectura de Napoli, Belfort, e Caracas, a IV Bienal de Arquitectura de Santander, ou o Seminario sobre Cultura e Natureza: Arquitectura e Paisaxe, dependente da Universidade Internacional Menéndez Pelayo na illa de San Simón, así como a dirección, con Óscar Tenreiro, do Seminario de Arquitectura da Universidade de Weimar.
Galardoado co Premio Nacional de Arquitectura de España en 1999 polo edificio da Estación de Autobuses de Córdoba, ten recibido distincións e honras de diversas institucións nacionais e internacionais. Tamén levou a cabo unha extensa labor docente, ocupando na actualidade a Cátedra de Proxectos Arquitectónicos da E.T.S. de Arquitectura da Coruña.
ObrasEditar
- Facultade de Belas Artes de Pontevedra[1] (Pontevedra, 1990).
- Museo do Coiro 'Fábrica de Curtidos Familia Nogueiras'[2] (Allariz, 1993).
- Pousada Torre Lombarda [2] (Allariz, 1994).
- Domus - Casa do Home (A Coruña, 1995, xunto con Arata Isozaki).
- Faro de Punta Nariga (Malpica de Bergantiños, 1995).
- Cemiterio de Fisterra (Fisterra, 2002).
- Museo do Mar de Galicia (Vigo, 2002, xunto con Aldo Rossi).
- Estación de Autobuses de Córdoba (Córdoba, 1999), Premio Nacional de Arquitectura de España.
- Verbum - Casa das palabras, Vigo (2003).
- Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa (2003).
- Rehabilitación do Teatro Cine Fraga (Vigo, en proceso de rehabilitación dende 2007).
- Pazo de Congresos da Coruña (A Coruña, 2003, xunto con Ricardo Bofill).
- Observatorio astronómico de Cotobade (Carballedo, Cerdedo-Cotobade, 2009, xunto a Magdalena Portela).
- Piscina termal das Burgas (Ourense, 2010).
- Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo (2011).
- Ampliación do Aeroporto de Vigo - Peinador (Vigo, 2014).[3]