Abrir o menú principal

Pascuala Campos de Michelena

arquitecta española

Pascuala Campos de Michelena, nada en Sabiote (provincia de Xaén) o 2 de marzo de 1938, é unha arquitecta andaluza, radicada en Pontevedra[1].

Pascuala Campos de Michelena
Nome completoPascuala Campos de Michelena
Nacemento2 de marzo de 1938
 Sabiote
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Politécnica de Cataluña
Ocupaciónarquitecta
CónxuxeCésar Portela
FillosSergio Portela
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

 
Casa Consistorial de Pontecesures.

Obtivo o título de arquitecta pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona no ano 1966, aínda que iniciou os seus estudos de arquitectura en Madrid.

Logo de casar co tamén arquitecto César Portela trasladouse a vivir a Pontevedra, e levaron a cabo os seus proxectos en colaboración. Unha das súas primeiras obras é a casa para o párroco de Marín (1968), un atrevido prisma de formigón sobre pilotes anexo á igrexa barroca[2]. O edificio da lonxa de Bueu (1971-1972) e o conxunto de vivendas para o poboado xitanos da Caeira (1971-1973) foron seleccionados para a exposición «Arquitectura y Racionalismo. Aldo Rossi + 21 Arquitectos Españoles», itinerante por distintas cidades entre setembro de 1975 e outubro de 1976 e vinculada á revista 2C. Construcción de la Ciudad.[3] Outras das súas obras desa época son un bloque de vivendas no polígono urbano de Campolongo (1973) e as casas consistoriais de Pontecesures (1973-1975) e Forcarei (1974-1980).[4].

Entre os seus traballos posteriores destaca a Escola de Formación Pesqueira (A Illa de Arousa, 1990), vencedora dun concurso estatal e seleccionada para a mostra Lugar, Memoria e Proxecto. Galicia: 1974-1994 (Santiago de Compostela, 1995) e para a exposición Construir desde el interior, unha selección da obra de 35 arquitectas españolas (Madrid, 2000). Tamén é autora de varias intervencións no patrimonio, como a actuación en Combarro (1984, centrada nos hórreos), a restauración da igrexa de Sabucedo e a súa contorna (1998, xunto a Inmaculada Garcés Navarro[5]), ou a rehabilitación da súa propia vivenda en Pontevedra, que conserva unha fachada de 1683 fronte á basílica de Santa María. Xunto a Amparo Casares Gallego proxectou en 2005 un centro de día para enfermos de alzhéimer na Coruña.

 
Casa do concello de Forcarei.

Foi profesora da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña durante máis de vinte anos e conseguiu ser en 1995 a primeira Catedrática de Proxectos Arquitectónicos dentro da Universidade española cun traballo sobre Espazo e Xénero.[6] Como colaboradora non permanente, asiste a empresa Consultora Galega SL.[7]

Sensibilizada co feminismo,[8] participa en foros sobre Espazo e Xénero. Entre 1993 e 1994 codirixiu o curso Urbanismo y Mujer: Nuevas visiones sobre el espacio público y privado. No VI Congreso Iberoamericano de Ciencia, Tecnología y Género (Zaragoza, 2006) participou na Mesa Redonda sobre "Experiencias y genealogías para las científicas de hoy".[9]

ObrasEditar

Relatorios en CongresosEditar

  • 2006. VI Congreso Iberoamericano de Ciencia, Tecnología y Género, Zaragoza: Otras arquitecturas, otros cuerpos. En Actas Libro Final pp. 63–66
  • 2010. I Congreso sobre Alzheimer y Arquitectura “La Arquitectura de los Recuerdos”. Consejos prácticos para la construcción o ampliación de un centro de Alzheimer.

NotasEditar

  1. Casares Gallego, A. (2004): Artistas galegos. Arquitectos, páx. 78-85. Nova Galicia Edicións. ISBN 978-84-962-9369-4
  2. "Pascuala Campos de Michelena: Una arquitectura emocional", artigo de Cristina García-Rosales en La mujer construye, 9 de marzo de 2010 (en castelán).
  3. 2C: construcción de la ciudad n.º 8, 1977.
  4. Quixal, J. (2015): Pascuala Campos de Michelena, no blog Un día/una arquitecta (en castelán).
  5. COAG Arquivado 28 de decembro de 2009 en Wayback Machine. Obradoiro, COAG, 2000, Santiago de Compostela, nº28, pp. 55-57. ISSN: 0211-6065.
  6. Carreiro Otero, M. (2011): "As mulleres arquitectas de Galicia: o seu papel na profesión e no ensino da profesión (o exercicio da arquitectura en Galicia desde unha perspectiva de xénero)". Universidade da Coruña.
  7. Quen somos? na web de Consultora Galega SL.
  8. «Los grandes proyectos, no digo buenos, los hacen hombres», entrevista a Pascuala Campos de B. R. Sotelino en La Voz de Galicia, 31 de outubro de 2008.
  9. VI Congreso Iberoamericano de Ciencia, Tecnología y género Arquivado 27 de marzo de 2010 en Wayback Machine. (en castelán).

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar