Abrir o menú principal

Agustín Portela Paz

debuxante e aparellador galego

Agustín Portela Paz, nado en Pontevedra o 3 de xaneiro de 1906 e finado na mesma cidade o 6 de decembro de 1992, foi un debuxante e aparellador galego.

Agustín Portela Paz
Nacemento3 de xaneiro de 1906
 Pontevedra
Falecemento6 de decembro de 1992
 Pontevedra
NacionalidadeEspaña
Alma máterEscola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais de Madrid
Ocupacióndebuxante e aparellador
PaiFrancisco Portela Pérez
FillosCésar Portela
Profesióndebuxante e aparellador
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo de Francisco Portela Pérez. Cursou estudos de bacharelato en Pontevedra onde tivo como profesor de debuxo a Castelao. Trasladouse a Madrid e realizou estudos nas escolas de Enxeñeiros Industriais, Aparelladores e Belas Artes. De regreso a Pontevedra, traballou como aparellador no Concello e na Deputación Provincial, e presidiu o Colexio de Aparelladores durante 22 anos. Vinculado ao Partido Galeguista, foi promotor e fundador da Liga de los Derechos del Hombre en España. Durante o franquismo sufriu varios procesos.

ObraEditar

É autor dunha extensa obra como debuxante e aguafuertista e ilustrou libros de autores galegos. Colaborou en revistas e periódicos e publicou en 1947 unha colección de debuxos con notas de escritores como Otero Pedrayo, Vicente Risco e Fermín Bouza Brey co título Pontevedra e boa vila. Tamén ilustrou o libro Pontes do Lérez (1987) e publicou en 1992 O Trasno.

Vida persoalEditar

Foi pai de César Portela.

Véxase taménEditar