Francisco José Portela Sandoval

profesor e historiador da arte galego

Francisco José Portela Sandoval[1] , nado en Pontevedra o 18 de decembro de 1944 e finado en Madrid o 28 de agosto de 2015[2], foi un profesor e historiador da arte galego..

Infotaula de personaFrancisco José Portela Sandoval
Biografía
Nacemento18 de decembro de 1944 Editar o valor em Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Morte28 de agosto de 2015 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Catedrático
Catedrático de universidade
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEstudo da historia da arte Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónhistoriador Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Membro de
Interesado enMadrid Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 98566

Traxectoria editar

Foi catedrático de Historia da Arte da Universidade Complutense de Madrid,[3][cómpre nº de páxina] na que desenvolveu o seu labor docente durante 49 anos. Foi vicerreitor de Ordenación Académica,[4] decano da Facultade de Xeografía e Historia e director do Departamento de Historia da Arte Moderna na Universidade Complutense de Madrid.[3][cómpre nº de páxina] Tamén foi director da Academia de Arte e Historia de San Dámaso da Provincia Eclesiástica de Madrid e académico correspondente das Reais Academias de Belas Artes de San Fernando de Madrid, San Carlos de Valencia e Santa Isabel de Sevilla, así como da Real da Historia, pertencendo tamén á Portuguesa da Historia e á Nacional de Belas-Artes de Portugal. Foi membro do Servizo Histórico e Cultural do Exército do Aire, presidente da Real Asociación de Amigos dos Museos Militares, presidente do Instituto de Estudios Madrileños, vicepresidente da Fundación Villa y Corte e director de Madrid. Revista de arte, historia y geografía editada pola Comunidade de Madrid e de Militaria. Revista de cultura militar. Formou parte como vogal do Patronato do Museo Arqueolóxico Nacional e do Consello Rexional de Patrimonio Histórico da Comunidade de Madrid.

Dedicado con preferencia ao estudo da escultura española dos séculos XVI ao XX, foi autor de libros e artigos e participou en proxectos nacionais e internacionais de investigación. Director de memorias de licenciatura e teses doutorais, foi comisario de varias exposicións e xurado de concursos.

Obras editar

  • La escultura del siglo XVI en Palencia (1977).
  • Escultura española del siglo XX (1980).
  • Casado del Alisal: 1831-1886 (1987).
  • El palacio de Buenavista. Cuartel General del Ejército (1996 e 2007).
  • Luis Marco Pérez (1999).
  • El Cuartel General del Aire (2000).
  • El palacio de Quintana, residencia de la infanta Isabel de Borbón, "La Chata" (2011).

Recoñecementos editar

Foi condecorado coa medalla de honra da Universidade Complutense e coas cruces do Mérito Militar e do Mérito Aeronáutico do Ministerio de Defensa.

Notas editar

  1. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de decembro de 2013. Consultado o 04 de setembro de 2018. 
  2. [1]
  3. 3,0 3,1 https://www.ucm.es/
  4. http://elpais.com/diario/1997/09/11/madrid/873977057_850215.html