Francisco Portela Pérez
Francisco Portela Pérez, nado en Pontevedra en 1864 e finado na mesma cidade o 12 de xullo de 1948, foi un xornalista galego.
Francisco Portela Pérez | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1864 |
Lugar de nacemento | Pontevedra |
Falecemento | 12 de xullo de 1948 |
Lugar de falecemento | Pontevedra |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista |
Fillos | Agustín Portela Paz |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Traballou en Pontevedra como funcionario do Ministerio de Fomento. Presidiu a Sociedade Artística Musical, foi socio de mérito da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago e fundou e presidiu o Coro Gallego. Fundou e dirixiu La Voz de Helenes (1883), foi redactor de El Diario (1887), O Galiciano e A Tía Catuxa (na súa segunda etapa). Colaborou en El Anunciador, Crónica, Diario de Pontevedra, Galicia Recreativa, O Tío Marcos da Portela, El Regional, A Monteira e La Revista Popular[1]. Foi membro correspondente da Real Academia Galega.
Obras Editar
Editou a Coleución de poesía gallegas d’algúns autores en 1882 e publicou os folletos Apuntes biográficos acerca de los marinos Nodales, hijos de Pontevedra (1891), Notas descriutivas sobre as romarías de Galicia (1896) e editou o Álbum de recuerdos a la memoria del joven poeta Albino Simán.
Vida persoal Editar
Foi pai de Agustín Portela Paz.
Notas Editar
- ↑ "Francisco Portela Pérez" in La Revista Popular, 61, 10-8-1894, p. 2-3.
Véxase tamén Editar
Bibliografía Editar
- Narradores ocasionais do século XIX (Relato breve) (PDF). Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro. 2003. pp. 345–348. ISBN 84-453-3736-X. Consultado o 6 de novembro de 2013.