La Revista Popular
La Revista Popular foi unha publicación editada en Pontevedra entre 1892 e 1900, cunha terceira época en Vigo en 1904.
La Revista Popular | |
---|---|
País | España |
Lugar | Pontevedra |
Lingua | lingua castelá |
Descrito por | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada e Enciclopedia Galega Universal |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Traxectoria
editarSubtitulada Ciencias, Artes y Literatura, apareceu o 1 de decembro de 1892. Publicábase os días 1 e 15 de cada mes. Estaba dirixida por Ramiro Vieira Durán e o seu administrador era Rogelio Quintáns. Foron os seus redactores José Bermúdez Montero e José López Otero. Entre os seus colaboradores figuraron Luciano Varela, Antolín López Pelaez, Manuel Amor Meilán, Emilio Villelga Rodríguez, Enrique Zaratiegui, Vicente Señoráns, Sofía Casanova, Emilia Calé, Marcelo Macías, Narciso Díaz de Escovar, Emilio Álvarez, José Rodao, Nicolás Taboada Fernández, Luís de la Riega, Jaime Solá, Emilia Pardo Bazán e Marcial Valladares. Deixou de publicarse en 1896.
Tivo unha segunda época e volveu aparecer en novembro de 1899. Publicábase o 10, 20 e 30 de cada mes[1].
Trasladada a Vigo, tivo unha terceira época en 1904, cambiou o subtítulo polo de Literaria, Científica, de Bellas Artes e Intereses Regionales, pero mantivo o mesmo director.
Notas
editar- ↑ Revista Gallega, 244, 12-11-1899, p. 3.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: La Revista Popular |
Bibliografía
editar- "Revista Popular, La". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Revista Popular, La". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.