Marcial Valladares
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Marcial Valladares Núñez, nado en Vilancosta (A Estrada) o 14 de xuño de 1821 e finado no mesmo lugar o 20 de maio de 1903, foi un xornalista, poeta, novelista e lexicógrafo galego. No ano 1970 a Real Academia Galega dedicoulle o Día das Letras Galegas.
Marcial Valladares | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 14 de xuño de 1821 |
Vilancosta | |
Falecemento | 20 de maio de 1903 |
Vilancosta | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | escritor e autor |
Irmáns | Avelina Valladares |
Xéneros | Poesía, novela |
![]() | |
Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no 1970. | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fillo de José Dionisio Valladares Gómez e María de la Concepción Núñez, cursou a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en 1844. Adicouse ao xornalismo e á política, pero en 1866 retirouse ó seu lugar natal para se consagrar ás letras.
Era irmán da escritora Avelina Valladares.
ObraEditar
O 'Señor de Vilancosta' foi un dos escritores máis prolíficos do rexurdimento.
Como lexicógrafo, é autor do Diccionario gallego-castellano (1884) con 11.000 vocábulos que recolleu entre 1850 e 1884, ao que incorporou como referencia 240 cántigas e 460 textos en prosa, na súa maioría literatura popular. En 1879 escribiu o artigo "Del apóstrofo en la escritura gallega", aparecido en La Ilustración Gallega y Asturiana. En 1892 rematou Elementos de gramática gallega, obra iniciada en 1855 e que non foi editada até 1970, da man da Editorial Galaxia.
Como poeta, iniciouse en 1845 coa publicación de Suidades, obra escrita en hendecasílabos de tipo sentimental. Apareceron despois, A fonte do Pico Sacro de acento didáctico, en quintillas, A castañeira en Santiago, monólogo de certa calidade. Da súa autoría é tamén unha serie de cantares de tipo popular, que titulou Vilancosta. A súa obra poética foi recolleita no Cantigueiro Popular (Fundación Cultural da Estrada, 2003).
Está considerado o primeiro autor dunha novela en lingua galega, Maxina ou a filla espúrea (1870), publicada en La Ilustración Gallega y Asturiana a partir do 28 de xullo de 1880.[1]
Galería de imaxesEditar
|
NotasEditar
- ↑ La Ilustración Gallega y Asturiana tomo II, n.º 21, Madrid, 28 de xullo de 1880.
Véxase taménEditar
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Marcial Valladares |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Marcial Valladares |
BibliografíaEditar
- "Valladares Núñez, Marcial". Diccionario enciclopédico galego universal 58. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 117. ISBN 84-7680-429-6.
- "Valladares Núñez, Marcial". Diciopedia do século 21 3. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 2133. ISBN 978-84-8288-942-9.
- "Valladares Núñez, Marcial". Enciclopedia Galega Universal 16. Ir Indo. 1999-2002. p. 277. ISBN 84-7680-288-9.
- Aparisi, Luis M. (2016). Gallegos en la Real Academia Española (PDF) (en castelán). Asociación Cultural da Vieira.
- Carballo, R. (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea. Galaxia. p. 90-94. ISBN 84-7154-227-7.
- Couceiro Freijomil, A. (1954). "VALLADARES NÚÑEZ, Marcial". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) III. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 444.
- Fernández Castro, J. A. (2003). "Breve contribución á biografía do señor de Vilancosta, Don Marcial Valladares Núñez (Berres, A Estrada 1821-1903)", A Estrada n.º 6, ISSN 1139-921X, pp. 137–154.
- Fernández del Riego, F. (1971) [1951]. Historia da literatura galega (2ª ed.). Vigo: Editorial Galaxia. p. 89-90.
- Fernández Salgado, Xosé A. (2005). Marcial Valladares. Biografía dun precursor no Rexurdimento galego. Deputación de Pontevedra. ISBN 84-8457-233-1.
- Gómez, A.; Queixas, M. (2001). Historia xeral da literatura galega. A Nosa Terra. p. 161-162. ISBN 84-95350-79-3. Arquivado dende o orixinal o 02/07/2017. Consultado o 18/12/2016.
- González Blasco, Luis (2005). "Valladares Núñez, Marcial". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega I. Galaxia. p. 588-589. ISBN 84-8288-019-5.