Luís González Blasco
Luís González Blasco, coñecido como "Foz", nado en Foz en 1941, é un político galego.
Luís González Blasco | |
---|---|
Nacemento | 1941 |
Foz | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Formou parte do Consello da Mocedade (1962-1963) do que foi expulsado xunto cun grupo de mozos acusados de comunistas, que fundan ao ano seguinte a Unión do Pobo Galego (UPG). A estadía en Madrid e o contacto co grupo Brais Pinto déronlle á súa personalidade os trazos nacionalistas e marxistas. En 1968 tivo que exiliarse en Francia onde se licenciou e Lingüística Xeral na Universidade de París VIII. Ata 1974 foi o promotor principal da organización de núcleos da UPG en Francia, Holanda, Reino Unido, Italia, Suíza e Alemaña e participou na redacción da Carta de Brest. Viaxou a Portugal en 1975 para conectar coas forzas revolucionarias, os refuxiados galegos e a súa familia. Abandonou a UPG en 1978 integrándose no Partido Galego do Proletariado; despois militou noutras organizacións independentistas como Galiza Ceive, a primeira Frente Popular Galega (1987) e a Assembleia do Povo Unido. Na actualidade milita en Cerna.
A comezos dos anos oitenta, adoptou o reintegracionismo lingüístico. Traballou como profesor de lingua e literatura galegas no ensino secundario, actualmente está aposentado. É membro da AGAL e académico da AGLP.
Publicou en revistas e obras colectivas algúns traballos sobre lingua e literatura galegas e sobre a historia do nacionalismo galego contemporáneo.
Obra escritaEditar
EnsaioEditar
Obras colectivasEditar
- Estudo crítico das "Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (ILG-RAG) 1982, 1983, AGAL. 2ª edición en 1989.
- Prontuário ortográfico galego, 1985, AGAL.
- Actas do I Congresso Internacional da Língua Galego-Portuguesa na Galiza, 1984), 1986, AGAL.
- A semente da nación soñada. Homenaxe a Xosé Luís Méndez Ferrín, 2008, Sotelo Blanco/Xerais.
- Por um galego extenso e útil, 2010, Através Editora.
- A ollada exterior do nacionalismo galego, 2011, Fundación Galiza Sempre.