Partido Galego do Proletariado

partido independentista galego

O Partido Galego do Proletariado (PGP) foi un partido galego independentista e marxista-leninista formado en marzo de 1978 ao adoptar ese nome a Unión do Povo Galego-liña proletaria que se consideraba continuadora da Unión do Povo Galego. O Comité Central actuaba na clandestinidade e os militantes descoñecían a súa identidade. Era partidario da loita armada, que consideraba antiimperialista e antioligárquica. O seu voceiro chamábase Sempre en Galicia.

Partido Galego do Proletariado (PGP)
Partido político desaparecido de Galiza
Historia
Fundación1978
Disolución1980
Posicións políticas
IdeoloxíaMarxismo-leninismo
Independentismo galego
Posición políticaEsquerda
Representación
Representación-
PublicaciónSempre en Galicia

Historia

editar

O partido foi fundado en 1978 como continuación da Unión do Pobo Galego-liña proletaria, unha organización política formada por disidentes da Unión do Povo Galego, liderados por Xosé Luís Méndez Ferrín e Luís Soto[1], que querían que o partido adoptase unha liña abertamente independentista, anti-institucional e partidaria da loita armada.

En 1979 Unidade Galega incluíu como candidatos independentes a militantes do PGP nas eleccións municipais, co que o PGP conseguiu que tres dos seus membros saíran elixidos concelleiros (Santiago de Compostela, Monforte de Lemos e Vilaboa). Tamén constituíu unha plataforma que concorriu ás eleccións municipais no concello de Vigo e que posteriormente se transformou na súa propia fronte asemblearia, Galicia Ceibe-OLN e a súa fronte armada, a Loita Armada Revolucionaria, o que provocou que en 1980 a policía detivera a varios dirixentes, entre eles Xosé Luís Méndez Ferrín. Ademais tivo unha notábel influencia na Confederación Sindical Galega. O partido deixou de existir de facto en 1980, cando se integrou en Galiza Ceive-OLN[2].

Véxase tamén

editar

Referencias e ligazóns externas

editar
  1. Diéguez Cequiel, Uxío-Breogán. "Galiza e o nacionalismo galego frente a Transición. Entre a ruptura democrática ea españa das autonomías. Da Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG). Á realidade galega." Mobilitzacions socials i esquerra radical: Actes del II Congrés Les altres protagonistes de la Transició Barcelona, 11 a 13 d'octubre de 2019 (2020): 788-830. Dispoñíbel en: https://ddd.uab.cat/pub/caplli/2020/266395/20191011_II_Congres_Les_Altres_Protagonistes_digitalp788.pdf
  2. "Galicia Ceibe". Enciclopedia Galega Universal. 

 
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.