Cerna (organización política)
Cerna foi unha organización nacionalista galega de esquerda escindida de Anova - Irmandade Nacionalista, da cal foi unha corrente crítica. Estaba composta por uns 200 ex-militantes de Anova. Os seus máximos dirixentes eran Mario López Rico, Luís Eyré e Consuelo Martínez García.
Cerna | |
---|---|
Partido político | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Mario López Rico, Luís Eyré |
Historia | |
Fundación | 20141 |
Disolución | 20182 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Nacionalismo galego Independentismo galego Socialismo democrático Feminismo Democracia participativa[1] |
Representación | |
Parlamento de Galicia | 1 / 75 |
Concelleiros | 15 / 3.766 |
Outros datos | |
Na rede | |
cerna.org | |
1 escisión de Anova 2 disolución en En Marea | |
Historia
editarOrixinalmente era unha corrente de opinión dentro de Anova que defendía posturas máis soberanistas e críticas coas alianzas con partidos estatais como Esquerda Unida, ata que en outubro de 2014 os seus membros decidiron escindirse e constituírse como partido[4]. A forza institucional constaba dunha deputada no Parlamento de Galicia, Consuelo Martínez García, así como diversos concelleiros electos nas listas do BNG que abandonaran a formación en 2012 para constituír Anova. De cara ás eleccións municipais de 2015 promoveron candidaturas cidadás, ó igual que estaban facendo Anova e Esquerda Unida, baixo o paraugas do partido instrumental Participación Democrática Directa e conseguiron 15 concelleiros en toda Galicia.
De cara ós seguintes procesos electorais uniuse ao partido instrumental En Marea, no cal confluíron con Anova, Esquerda Unida, Podemos e diversos colectivos locais. Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2016 conseguiu 1 deputada nas listas de En Marea por Lugo, Paula Vázquez Verao. Os seus dirixentes mostráronse maioritariamente partidarios de Luís Villares, líder de En Marea, nos conflitos que este tivo coas demais formacións. En xuño de 2018 decidiu disolverse en En Marea animando ao resto de formacións participantes a facelo[5].
Notas
editar- ↑ http://www.galiciaconfidencial.com/nova/19709-criticos-anova-piden-estado-galego-democracia-directa
- ↑ As primarias demostran a pluralidade da marea. Galicia Confidencial. Santiago de Compostela, 19/08/2016.
- ↑ "Escollidos nas listas de Participación Democracia Directa de Galiza, non se inclúen os escollidos en coalicións ou candidaturas unitarias.". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2015. Consultado o 11 de xaneiro de 2016.
- ↑ Los militantes de Cerna se van de Anova y crearán una nueva formación política
- ↑ Cerna se disuelve en En Marea e invita a Anova, EU y Podemos a hacer lo mismo
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina oficial Arquivado 14 de maio de 2015 en Wayback Machine.
- Facebook oficial