Paula Vázquez Verao
Paula Vázquez Verao, nada en Sober en 1984, é unha política galega.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1984 ![]() Sober, España ![]() |
Educación | Universidad Nacional de Educación a Distancia ![]() |
Actividade | |
Ocupación | política, hosteleira ![]() |
Partido político | En Marea (2015–2020) Cerna (2014–2018) ANOVA-Irmandade Nacionalista (2012–2014) Bloque Nacionalista Galego (–2012) ![]() |
Traxectoria
editarEstudou Xeografía e Historia na UNED. Traballadora do sector turismo, é presidenta da asociación cultural Colado do Vento[1]. Gañou o premio Lola de Penelas en 2016 polo seu labor de divulgación[2].
Militou no BNG, polo cal foi elixida concelleira nas eleccións municipais de 2011 en Sober como número 2 da candidatura. Trala marcha de Encontro Irmandiño en marzo de 2012 abandonou o BNG, conservando a acta de concelleira, e pasou a formar parte de Anova. Dentro do partido era membro da corrente crítica Cerna, coa cal se escindiu en outubro de 2014. Nas eleccións municipais de 2015 foi candidata á alcaldía de Sober pola candidatura cidadá Agroma Sober, a cal logrou 2 concelleiros. Nas eleccións ao Parlamento de Galicia 2016 foi elixida deputada por En Marea, onde confluíra a súa formación. Pese a renunciar á súa acta de concelleira en decembro de 2017[3], para centrarse na súa labor de deputada, volvería a encabezar Agroma Sober nas municipais de 2019 logrando de novo 2 concelleiros e sendo a principal forza da oposición ao PPdeG no concello. Afín ás teses do líder de En Marea Luís Villares, abandonou xunto a este e outros 2 deputados o grupo parlamentario da formación en xuño de 2019[4]. Ao remate da lexislatura non participou nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020, pasando a centrarse na súa labor de concelleira en Sober.
Notas
editar- ↑ "álbumes". La Voz de Galicia. Consultado o 04/10/2016.
- ↑ "Entregados os premios na honra da oleira Lola de Penelas". La Voz de Galicia. Consultado o 27/10/2016.
- ↑ La diputada Paula Verao renuncia a seguir como concejala en Sober
- ↑ En Marea se rompe: Luís Villares y sus tres diputados se pasarán al grupo mixto
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha no Parlamento de Galicia Arquivado 25 de novembro de 2016 en Wayback Machine.
- Artigos en Nós Diario