Diccionario gallego-castellano (1884)
O Diccionario gallego-castellano é un dicionario bilingüe galego castelán de 10.600 voces coas definicións en castelán, elaborado por Marcial Valladares e publicado en 1884 en Santiago de Compostela.
Diccionario gallego-castellano (1884) | |
---|---|
![]() | |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Comezou a papeletizar en 1850 e rematou en 1869. Valladares continuou recollendo léxico con posterioridade á publicación do seu Diccionario e consérvanse cinco apéndices: un asinado en 1886, dous sen data, un "Nuevo suplemento al Diccionario Gallego-Castellano" de 1896,[1] e un "Nuevo Apéndice al Diccionario Gallego-Castellano" en 1902. A partir de todo isto, Antón Santamarina inclúe un total de 16.082 voces no seu Diccionario de diccionarios.[2]
Elaboración
editarPara a elaboración do seu dicionario, Valladares tomou como base os dicionarios de Francisco Javier Rodríguez Gil e o de Cuveiro, pero mentres estes non incluían léxico común co castelán, Valladares comezou a introducilo por primeira vez nun dicionario galego, aínda que en grao mínimo, tamén lle engadiu voces procedentes do sur da provincia da Coruña e do norte de Pontevedra así como tamén outras tomadas de escritores contemporáneos,[3] á vez que toma o castelán como o modelo para o galego.[4] A diferenza do resto dos dicionarios galegos distingue ortograficamente as vogais medias abertas e pechadas.[5]
Notas
editar- ↑ Valladares Núñez, M.: Maxina. Edición de Anxo Tarrío, Margarita Neira e Blanca Rodríguez-Rechou. Ed. Xerais, 1991. ISBN 84-7507-566-5. p. 50.
- ↑ Antón Santamarina: Diccionario de diccionarios (versión 3, 2003).
- ↑ Antón Santamarina Norma e estándar en Henrique Monteagudo (ed). Estudios de sociolingüística galega. Sobre a norma do galego culto. Galaxia, 1995, páxina 82
- ↑ Así escribe no prólogo ao Diccionario gallego-castelán: Si cualquier patán del campo viese en un diccionario gallego, al lado de las voces, ó palabras de su dialecto, único que conoce, equivalencias castellanas que la gente instruída usa, procuraría naturalmente irse familiarizando con estas y, corridos años, el habla gallega se habría perfeccionado mucho.
- ↑ Ricardo Carballo Calero Gramática elemental del gallego común. Galaxia, 6ª ed., 1976, páxina 39
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Diccionario gallego-castellano (1863) de Francisco Javier Rodríguez Gil
- Diccionario gallego (1876) de Xoán Cuveiro Piñol