Avelina Valladares
Avelina Valladares Núñez, nada en Vilancosta (A Estrada) o 23 de outubro de 1825 e finada en 1902, foi unha escritora galega, e unha das primeiras mulleres que publicou artigos de opinión na prensa escrita, e empregou o galego como lingua dalgúns dos seus poemas. É irmá do tamén escritor Marcial Valladares.
Avelina Valladares | |
---|---|
Nome completo | Avelina Valladares Núñez |
Nacemento | 23 de outubro de 1825 |
Vilancosta | |
Falecemento | 17 de marzo de 1902 |
A Estrada | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritora e autora |
Irmáns | Marcial Valladares Núñez |
Xéneros | Poesía |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Filla de José Dionisio Valladares Gómez, cunha considerable formación académica debido á súa ascendencia fidalga, Avelina Valladares dedicou parte da súa vida ao coidado dos demais (sempre dende as súas fondas conviccións relixiosas), participando na Xunta Parroquial de Beneficencia da súa parroquia, Berres. Nos períodos comprendidos entre 1840 e 1850, e 1864 e 1879, a escritora adicou a meirande parte do seu tempo á escrita, realizando durante eses anos a maior parte da súa obra literaria.
Como poeta afincada no seu tempo, as súas composicións tratan temas relixiosos, amicais ou de costumes. Non obstante, o que máis chama a atención dentro da súa produción literaria, son os artigos conservados, xa que abordan cuestións prácticas coma os cultivos, fan denuncia social ("El ochavo milagroso" critica algunhas supersticións populares) ou diríxense á autoridade (neste caso eclesiástica) para facer peticións de interese xeral. É tamén digno de destacar o seu Diálogo entre un peregrino que se dirige a Compostela y un labriego, obra bilingüe con claras características proclives á dramatización (hoxe existe unha versión teatral feita por Xosé Lueiro Lemos).[1]
Na súa memoria creouse o Premio de poesía Avelina Valladares, convocado polo concello da Estrada.
NotasEditar
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Avelina Valladares |
BibliografíaEditar
- Castro López, M.: "Avelina Valladares", pp. 33–35 en Almanaque Gallego para 1898, Buenos Aires, 25 de outubro de 1897 (en castelán).
- Losada Diéguez, Antón: "N'a súa memoria", El Emigrado, 24/10/1925.
- Luna Sanmartín, Xosé (2000). Ond'o sol facheaba ô amañecer: vida e obra da cantora da Ulla Avelina Valladares Núñez. ISBN 84-95429-05-5.
- Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas. Edicións A Nosa Terra. p. 436-437. ISBN 978-84-8341-146-9.