Emilia Calé

escritora galega

Emilia Calé Torres Sanjurjo (asinou Emilia Calé y Torres de Quintero despois de casada) nada na Coruña o 12 de febreiro de 1837 e finada en Madrid o 18 de setembro de 1908, foi unha narradora, poetisa, dramaturga e xornalista galega en lingua castelá.[1] Empregou, en ocasións, o pseudónimo de Esperanza.[2]

Emilia Calé
Emilia Calé.jpg
Nacemento12 de febreiro de 1837
 A Coruña
Falecemento18 de setembro de 1908
 Madrid
SoterradoCemiterio de La Almudena
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritora, xornalista e autora
CónxuxeLorenzo Gómez Quintero
FillosEmilia Quintero,pianista
Lorenzo Quintero,
Sofía Quintero,
Consuelo Quintero
XénerosPoesía, narrativa e teatro
Na rede
Galiciana: 34523
Firmaemiliacaletorres.jpg
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Foi filla do procurador da Audiencia, e concelleiro liberal no novo concello interino designado en 1868, Francisco Calé Martínez (Orihuela 1813 - A Coruña 1870). En 1862 casou na igrexa de Santiago da Coruña con Lorenzo Gómez Quintero Fernández Morado, natural de San Xoán de Porto Rico e fillo de pai ferrolán, oficial do Consejo Provincial de Orense.[3]

Escribiu artigos e poemas en publicacións galegas como Galicia Revista Universal de este Reino, La Nueva Galicia, Almanaque de Galicia, El Alerta, La Revista, El Desengaño, Revista Compostelana, Revista de Galicia, El Zumbido, El Buscapié, La Tertulia, Galicia Literaria, Galicia Revista Regional, La Revista Popular ou El Eco de Santiago e en xornais e revistas galegas de Hispanoamérica como El Eco de Galicia, La Unión Gallega, Galicia Moderna, Follas Novas, Galicia Revista Semanal Ilustrada ou Aires d’a Miña Terra.

Estableceuse en Madrid en 1871, onde estivo ata 1875, converténdose na anfitrioa da sociedade La Galicia Literaria xunto co seu curmán Teodosio Vesteiro Torres,[4], faladoiro ao que asistían, entre outros, Manuel Curros Enríquez, Francisco Añón Paz, Luis Taboada, Andrés e Xesús Muruais.

A temática da súa obra poética xira en torno á relixión, o amor, a patria e a natureza.

En 1906, cando a fundación da Real Academia Galega, foi nomeada membro correspondente.[5][6]

Acadou sona a súa filla Emilia Quintero Calé, pianista.

 
"A María en el mes de las flores" en Galicia. Revista Universal de este Reino, maio de 1862.

Obra bibliográficaEditar

PoesíaEditar

  • Horas de inspiración, 1867, Imprenta de Soto Freire[7] colección de 77 poemas (reeditada en Madrid en 1875).[8]
  • Crepusculares, con un artículo de Victorino Novo, 1894.[9]

NarrativaEditar

  • Cuadros sociales o pequeñas novelas, 1878, 40 pp., Biblioteca de El Telegrama, est. tip. de Vicente Abad.
  • Escenas de la vida, 1890.

TeatroEditar

  • Lazos rotos. Drama en tres actos y en verso, 1884, estreado na Coruña o 14 de outubro de 1883.[10]
  • De la cima al abismo, 1894.

ColectivaEditar

  • Álbum de la Caridad, 1862.
  • Corona fúnebre á la memoria del inspirado escritor y poeta gallego Teodosio Vesteiro Torres, 1877.[11]

EdiciónEditar

Biblioteca virtualEditar

Arquivos en formato PDF
 
Horas de inspiración, 1867. Imp. de Soto Freire.
 
Horas de inspiración. Nueva ed. corregida y aumentada. 1875.
 
Cuadros sociales o pequeñas novelas, 1878.
 
Lazos rotos. Drama en tres actos y en verso, 1884.

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar