El Regional

xornal galego que se editou en Lugo

El Regional foi un xornal editado en Lugo entre 1884 e 1931.[1]

Historia e características Editar

Subtitulado Diario de Lugo (que despois variou por Diario ilustrado de Lugo), apareceu en outubro de 1884[2]. Fundado por José Fernández Carballo, era un periódico rexionalista vencellado ao Partido Republicano Federal que fundou Aureliano Pereira. Definiuse como o primeiro xornal rexionalista galego e continuador de El Diario de Lugo.[1] Aureliano Pereira foi o seu director ata 1893. Posteriormente foi dirixido por Manuel Amor Meilán, Benigno Varela Pérez e José Vega Blanco. Publicáronse en El Regional novelas, lendas e estudos históricos, ademais de colaboracións literarias e un folletín. O xornal mantívose ata 1931.

Notas Editar

  1. 1,0 1,1 VV.AA (1997). Vilavedra, Dolores, ed. Diccionario Literatura Galega II. Publicacións periódicas. Vigo: Galaxia. p. 407. ISBN 84-8288-137-X. 
  2. Gaceta de Galicia, 21-10-1884, p. 2.

Véxase tamén Editar

Bibliografía Editar

Ligazóns externas Editar