José Vega Blanco
xornalista español
José Vega Blanco, finado en Lugo o 15 de febreiro de 1933, foi un xornalista e escritor galego.
José Vega Blanco | |
---|---|
![]() | |
Falecemento | 15 de febreiro de 1933 |
Lugar de falecemento | Lugo |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Estudou no Seminario de Lugo. Foi redactor de La Idea Moderna, do que chegou a ser director en 1902 e colaborou en Galicia Moderna escribindo crónicas co pseudónimo Beppo. Despois foi director de El Regional. Foi membro fundador da Real Academia Galega.[1] Foi funcionario do Goberno civil de Lugo. En 1907, presidiu o Círculo das Artes de Lugo.[2]
Obras Editar
- Borrones (1900).
- La catedral de Lugo (1919). A Coruña: Litografía e imprenta Roel
Notas Editar
- ↑ "José Vega Blanco". academia.gal. Consultado o 8-11-2019.
- ↑ "Presidentes de honor". circulodelasartes.org. Consultado o 8-11-2019.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José Vega Blanco |
Bibliografía Editar
- Varela Lenzano, Indalecio (1933). "Don José Vega Blanco". Boletín da RAG (247): 145–148.
- Villar Ponte, A. (1905). "Periodistas gallegos. José Vega Blanco". Revista Gallega (538): 3.