Julio Pérez de Guerra
Julio Pérez de Guerra, nado en Chantada o 23 de xullo de 1893,[1] foi un avogado e xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de xullo de 1893 (131 anos) Chantada, España |
Actividade | |
Ocupación | avogado, xornalista, político |
Traxectoria
editarFillo de Martín Pérez Pérez e Antonia Guerra Díaz-Varela. Colaborou en Ilustración Gallega. Estudou Dereito na Universidade Central de Madrid e formou parte da redacción de El Debate. Retornou a Chantada cando rematou a carreira en 1917 e foi redactor de El Centinela, correspondente de La Región e El Eco de Galicia, e colaborou en Vida Gallega e La Gaceta del Norte de Bilbao. Dende 1918 pasou a residir en Lugo para ser redactor-xefe,[2] e logo director de La Voz de la Verdad (1920-1921). Colaborou en El Ideal Gallego, Galicia Social Agraria e El Progreso. Foi presidente da Asociación da Prensa de Lugo. Vinculado ao sindicalismo católico agrario, foi secretario da Unión Patriótica e concelleiro do concello de Lugo durante a ditadura de Primo de Rivera. Foi directivo das Irmandades da Fala de Lugo. En 1930 ingresou por oposición no Corpo de Secretarios. Foi secretario do Concello de Lugo dende 1956.[3]
Obras
editarÉ autor dos folletos Ayuntamiento de Lugo. Memoria redactada por A... (1939) e Horas de Hispanidad. Hombres, hechos y problemas (1940).
Vida persoal
editarCasou en Chantada con Milagros Vázquez Campo en 1918.[4]
Notas
editar- ↑ La Estafeta Literaria, 324-325.
- ↑ El Regional, 23-5-1918, p. 2.
- ↑ La Voz de Galicia, 3-7-1956, p. 7.
- ↑ El Correo de Galicia, 7-8-1918, p. 4.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Julio Pérez de Guerra |
Bibliografía
editar- "PÉREZ DE GUERRA, Julio", artigo na Gran Enciclopedia Gallega
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) III. Bibliófilos Gallegos. pp. 84–85.