Galicia Social Agraria

Galicia Social Agraria foi unha publicación periódica editada en Mondoñedo entre 1930 e 1936.

Galicia Social Agraria
LocalidadeMondoñedo
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Órgano da Unión Regional de Federaciones de Sindicatos Agrícolas, esta nova cabeceira formouse da unión de Acción Social de Mondoñedo e Galicia Agraria da Coruña. O primeiro número apareceu en xullo de 1930, a publicación tiña periodicidade mensual e contaba con 28 páxinas. Antonio Maseda Bouso era o seu director.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Martínez López, Alberto, "A prensa católico-agraria en Galiza" nas III Xornadas de Historia de Galicia, Ourense, 1986.
  • Teijeira Fanego, Mari Paz; Torre Rioyo, María de la (1997). A prensa en Lugo: dous séculos de historia. Lugo: Deputación Provincial. pp. 180–181. ISBN 84-8192-110-6.