Acción Social (Mondoñedo)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Acción Social.
Acción Social foi un periódico bilingüe publicado en Mondoñedo entre 1918 e 1930.
Acción Social | |
---|---|
Fundación | 1918 |
Lingua | lingua castelá e lingua galega |
Localidade | Mondoñedo |
Descrito por | Diccionario da literatura galega, Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada e Enciclopedia Galega Universal |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarÓrgano do Centro de Acción Social Católico de Mondoñedo. O primeiro número apareceu o 1 de novembro de 1918. A publicación tiña periodicidade quincenal e con dezaseis páxinas. A súa tiraxe era de entre 1000 e 1200 exemplares. Ideoloxicamente estaba tinxido de tradicionalismo. O seu primeiro director foi Antonio Maseda Bouso e tivo como redactor-xefe a Enrique Costas Márquez e despois a Xosé Trapero Pardo. En 1930 fusionouse con Galicia Agraria para dar lugar a unha nova cabeceira, Galicia Social Agraria.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Acción Social". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Acción Social". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Martínez-López, Alberte (1986). "A prensa católico-agraria en Galiza". Sociedade e movemento obreiro en Galicia. Ourense. Deputación Provincial. páxs. 321-372. ISBN 84-505-3843-2.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Galaxia. pp. 21–22. ISBN 84-8288-137-X.