Enrique Costas Márquez

sacerdote e xornalista galego

Enrique Costas Márquez, nado en Morgadáns (Gondomar) en 1861[1] e finado en Santiago de Compostela o 3 de xullo de 1925[2], foi un sacerdote e xornalista galego.

Modelo:BiografíaEnrique Costas Márquez

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1861 Editar o valor en Wikidata
Morgadáns, España Editar o valor en Wikidata
Morte3 de xullo de 1925 Editar o valor en Wikidata (63/64 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote, xornalista Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1234355 BUSC: costas-marquez-enrique-1861-1925

Traxectoria

editar

Irmán de Carolino Costas Márquez. Estudou no Seminario de Zaragoza e pasou despois ao de Santiago de Compostela. En 1896 foi nomeado canónico arquiveiro da catedral de Mondoñedo. Foi arcipreste e deán da catedral de Mondoñedo e catedrático de Metafísica e Ética no Seminario. Leu o discurso inaugural do curso 1892-93 en Santiago de Compostela, sobre o tema "Existe en el hombre un principio de vida distinto de la materia de su cuerpo. Este principio de vida, que informa la materia de nuestro cuerpo, es independiente de la misma"[3]. Fundou e dirixiu os periódicos La Defensa, Pensamiento Católico e El Cruzado e foi redactor xefe de Acción Social.

  1. El Heraldo Gallego, 12-7-1925, p. 1.
  2. El Ideal Gallego, 4-7-1925, p. 1.
  3. Couceiro Freijomil, A. (1951). "COSTAS MÁRQUEZ, Enrique". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 314-315. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Costas Sueiras, Miguel (1995). "Enrique Costas Márquez, canónigo de Mondoñedo, pensador y periodista". Estudios Mindonienses (11): 79–130. 
  • Somoza, Juan Ramón (1915). Semblanzas. Lugo: Gerardo Castro. pp. 59–60. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2024. Consultado o 28 de maio de 2024.