Galicia Agraria (A Coruña)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Galicia Agraria.
Galicia Agraria foi unha publicación periódica editada na Coruña entre 1927 e 1930 como órgano da Federación Católica Agraria da Coruña.
Galicia Agraria | |
---|---|
País | España |
Lugar | A Coruña |
Lingua | lingua castelá |
Fundación | 1927 |
Descrito por | Enciclopedia Galega Universal |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarO primeiro número apareceu o 1 de xaneiro de 1927, a publicación tiña periodicidade quincenal e contaba con 26 páxinas. A súa tiraxe era de 500 exemplares. O seu primeiro director foi José María Taboada Lago. En 1930 fusionouse con Acción Social de Mondoñedo para dar lugar a unha nova cabeceira, Galicia Social Agraria.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Galicia Agraria". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Durán, José Antonio (2005). "Galicia Agraria". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Martínez-López, Alberte (1986). "A prensa católico-agraria en Galiza". Sociedade e movemento obreiro en Galicia. Ourense. Deputación Provincial. páxs. 321-372. ISBN 84-505-3843-2.