Galicia Agraria foi unha publicación periódica editada na Coruña entre 1927 e 1930 como órgano da Federación Católica Agraria da Coruña.

Galicia Agraria
LocalidadeA Coruña
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

O primeiro número apareceu o 1 de xaneiro de 1927, a publicación tiña periodicidade quincenal e contaba con 26 páxinas. A súa tiraxe era de 500 exemplares. O seu primeiro director foi José María Taboada Lago. En 1930 fusionouse con Acción Social de Mondoñedo para dar lugar a unha nova cabeceira, Galicia Social Agraria.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Alberto Martínez López, A prensa católico-agraria en Galiza nas III Xornadas de Historia de Galicia, Ourense, 1986.