José María Taboada Lago

avogado, xornalista e escritor galego

José María Taboada Lago, nado na Coruña en 1900 e finado en Madrid o 7 de xaneiro de 1979, foi un avogado, xornalista e escritor galego.

Infotaula de personaJosé María Taboada Lago

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1900 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte7 de xaneiro de 1979 Editar o valor em Wikidata (78/79 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , xornalista , escritor Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Galiciana: 96265

Traxectoria editar

Antigo alumno salesiano. Colaborou en El Ideal Gallego. Foi xerente da sucursal do Banco Pastor en Ribadeo (1927-1934). Representante en Galicia da Juventud Católica Española, foi tesoureiro da Federación Católico-Agraria da Coruña e dende 1927 director de Galicia Agraria, o seu órgano. Foi secretario da Junta Central de Acción Católica.

Foi detido nos primeiros días da Guerra Civil en Madrid pero axiña liberado. A finais de 1936 creou a asociación Socorro Sacerdotal e dende o verán de 1938 ata marzo de 1939 contribuíu á organización do Servizo de Información Español. Desempeñou a xefatura deste servizo secreto e foi delegado de Franco na zona republicana. En 1939 Franco concedeulle a Medalla da Campaña, a Cruz Vermella do mérito militar, dúas cruces de Guerra e a encomenda como cabaleiro da orde imperial do Xugo e as Frechas. Foi nomeado membro do Consello Supremo de Falange Española Tradicionalista y de las JONS, cargo do que foi cesado ao ano seguinte polos seus contactos cos monárquicos. Finou en Madrid o 7 de xaneiro de 1979.[1]

Obras editar

  • Los caballeros del ideal. Juventud Católica Española, 1928.
  • Serafinillo, 1928.
  • La Acción Católica en España. Las legiones de Cristo avanzan, 1934.
  • El hombre-leyenda, San Juan Bosco. (ensayo psicológico-literario), 1944.
  • Por una España mejor, 1977.

Vida persoal editar

Foi pai de José María Taboada Blanco.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar