El Debate

xornal católico español

El Debate foi un periódico español editado en Madrid entre 1910 e 1936. Pertencía á Editorial Católica, durante a súa existencia a publicación mantivo unha liña editorial de corte conservador e católico. O último número saíu despois do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936; durante a guerra civil as súas instalacións foron confiscadas polas autoridades republicanas. Co final da guerra chegouse a editar unha edición especial de El Debate, pero a ditadura franquista non autorizou a súa nova posta en marcha, o que significou a súa desaparición definitiva.

El Debate
ULL.98.45.71.33.jpg
PaísEspaña
Sede centralMadrid
Lingualingua castelá
Fundación1910
Circulación
ISSN2444-2658
OCLC629683686
editar datos en Wikidata ]

Historia e característicasEditar

Foi creado polo xornalista Guillermo de Rivas e dirixido nos seus comezos por Basilio Álvarez,[1] porén ao ano da súa aparición foi traspasado, cunha etapa intermedia durante a que foi propiedade de Santiago Mataix,[1] á Asociación Católica Nacional de Propagandistas (ACNdP),[2] facéndose coa dirección Ángel Herrera Oria, en novembro de 1911.[3][1] Posteriormente pasou a ser propiedade da Editorial Católica, creada en 1912.

As crónicas bélicas da primeira guerra mundial acompañadas con mapas de Armando Guerra multiplicaron a tirada do periódico.[4] Durante estes anos El Debate foi subvencionado economicamente pola embaixada alemá e mantivo unha liña editorial abertamente xermanófila.[5]

En 1929 impulsou a súa propia axencia de noticias, Logos,[6] que posteriormente foi a axencia do grupo Editorial Católica.

 
Portada do periódico o 13 de decembro de 1918.

Durante a Segunda República o goberno suspendeu a súa actividade en varias ocasións. Pertencente ao mesmo grupo do que xurdiu o partido Acción Popular, era o medio de expresión oficioso do seu sucesor, a CEDA,[7] a coalición dereitista que gañou as eleccións en 1933. En 1935, a Editorial Católica adquiriu unha moderna rotativa, situada no número 4 da rúa de Afonso XI, na que se pasou a imprimir El Debate e un periódico de nova creación, o vespertino Ya.

Calcúlase que en 1931 tiña unha tirada diaria entre os 60 000 e 80 000 exemplares e en 1936, duns 80 000 exemplares.[8] O seu último director foi Francisco de Luis,[9] trala dimisión de Ángel Herrera Oria en febreiro de 1933.[10] Aliñado coas propostas da CEDA, o periódico defendeu unha liña editorial accidentalista, aínda que esta postura inicial co paso do tempo foi diluíndose para rematar desembocando nunha postura marcadamente anti-republicana. O último número de El Debate saíu á rúa o 19 de xullo de 1936. Ese mesmo día, o goberno acolléndose á Lei de Defensa da República divulgou a través de Unión Radio a incautación do periódico:[11]

Los periódicos Ya, El Debate, Informaciones, El Siglo Futuro y ABC han sido incautados por el Gobierno, pasando a ser propiedad del Estado. Se ha encargado de la dirección y redacción de dichos periódicos a periodistas de reconocida filiación republicana. El pueblo debe respetar dicha propiedad, que ha dejado de ser particular. Los periódicos serán publicados en todo conforme al régimen republicano.

Desta forma, as instalacións onde se imprimían os periódicos da Editorial Católica foron confiscadas por diversos integrantes do Frente Popular. Mundo Obrero, o portavoz do Partido Comunista de España (PCE), foi impreso utilizando o material de Ya, en tanto que Política, o órgano de comunicación de Izquierda Republicana (IR), quedou co de El Debate.[8] Ao remate da guerra civil, un grupo dos seus antigos redactores e alumnos da Escola de Xornalismo dirixidos por Nicolás González Ruiz lanzaron un número especial de El Debate o 28 de marzo de 1939, inmediatamente despois da entrada das tropas franquistas na capital. Pero ante a prohibición da ditadura de restablecer El Debate, a empresa da Editorial Católica recuperou a súa herdanza no diario Ya, de menor significación política.

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar