María Cruz Seoane
María Cruz Seoane Couceiro, nada na Coruña en 1935 e finada en Madrid o 24 de xuño de 2014, foi unha historiadora galega, especializada no estudo da prensa e o xornalismo.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1935 A Coruña, España |
Morte | 24 de xuño de 2014 (78/79 anos) Madrid, España |
Causa da morte | Morte natural (Cancro ) |
Datos persoais | |
Residencia | Madrid (1953–2014) |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Campo de traballo | Historia do xornalismo |
Ocupación | historiadora |
Empregador | Universidade Carlos III de Madrid |
Interesado en | Modern history of Spain (en) |
Lingua | Lingua castelá |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Cónxuxe | Daniel Sueiro (1957–1986) |
Fillos | Susana Sueiro (en) |
Traxectoria editar
Nada na cidade da Coruña en 1935,[1] residiu dende 1953 en Madrid,[2] en cuxa universidade se doutorou.[3] Exerceu a docencia na Universidade Carlos III.[2] Chegou a ser descrita como «unha das maiores especialistas na evolución do xornalismo español»[2] e «a máis salientable historiadora da prensa española», segundo Salvador Giner.[1] Casada co escritor Daniel Sueiro dende 1957 até a morte deste en 1986,[2] Cruz Seoane finou de cancro en Madrid o 24 de xuño de 2014.[1]
Foi autora de obras como El primer lenguaje constitucional (Las Cortes de Cádiz) (1968), Oratoria y periodismo en la España del siglo XIX (1977),[2] Historia del periodismo en España, obra de tres tomos escrita xunto a María Dolores Sáiz,[2][4] Una historia de El País e del Grupo Prisa (2004), xunto a Susana Sueiro,[5] e Cuatro siglos de periodismo en España. De los avisos a los periódicos digitales (2007), de novo xunto a Sáiz,[6] entre outras.
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Diezhandino 2014.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Valls 2014.
- ↑ Aubert & Desvois 1996, p. 309.
- ↑ Bahamonde Magro 1997, pp. 338-339.
- ↑ Santa María 2006, p. 127.
- ↑ Valbuena de la Fuente 2009, pp. 336-339.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Aubert, Paul; Desvois, Jean-Michel, eds. (1996). Presse et pouvoir en Espagne, 1868-1975: colloque international de Talence, 26-27 novembre, 1993. Casa de Velázquez. ISBN 9782909596112.
- Bahamonde Magro, Ángel (1997). "Seoane, María Cruz y Sáiz, María Dolores, Historia del periodismo en España, 3. El siglo xx: 1898-1936.". Historia y Comunicación Social (2). ISSN 1137-0734.
- Diezhandino, María Pilar (27 de xuño de 2014). "María Cruz Seoane, una lúcida mirada sobre el periodismo". El País.
- Santa María, José Luis (2006). "Reseña de "Una historia de El País y del Grupo Prisa" de María Cruz Seoane y Susana Suero". Cuadernos de Información (Pontificia Universidad Católica de Chile) (19): 127. ISSN 0716-162X.
- Valbuena de la Fuente, Felicísimo (2009). "Reseña de "Cuatro siglos de periodismo en España. De los "avisos" a los periódicos digitales" de Cruz Seoane, María y Saiz, María Dolores" (PDF). CIC. Cuadernos de Información y Comunicación (Universidade Complutense de Madrid) 14: 336–339. ISSN 1135-7991.
- Valls, Fernando (25 de xuño de 2014). "María Cruz Seoane, historiadora de la prensa". El País.