Asociación Católica de Propagandistas

organización española

A Asociación Católica de Propagandistas (ACdP) é unha organización española de segrares católicos cuxo modo de perseguir o ideal relixioso é a propagación da fe católica e o apostolado, formando e instando a minorías selectas destinadas a dirixir a vida pública da sociedade e a acción social e política dos católicos, entre os que exercen un papel aglutinante.

Asociación Católica de Propagandistas
Tipoasociación privada de fieis e organización sen ánimo de lucro
Data de fundación1909
Fundador(es)Ángel Ayala
Presidente/aAlfonso Bullón de Mendoza Gómez de Valugera (-) Editar o valor en Wikidata
PaísEspaña
Na rede
https://www.acdp.es/
BNE: XX123184
editar datos en Wikidata ]

Historia e características

editar

A asociación foi fundada en 1909 polo sacerdote xesuíta Ángel Ayala.[1] Foi consolidada por Ángel Herrera Oria nos anos vinte

Segunda república e Guerra civil

editar

Durante a Segunda república, foi quen aglutinou o pensamento político católico e fomentou a creación da CEDA.[1] Durante a Guerra civil, na zona republicana, os seus locais foron saqueados e moitos dos seus socios foron perseguidos e reprimidos.[1]

Influencias no franquismo

editar

Durante o réxime do Xeneral Franco, nos primeiros anos, algúns dos seus socios foron culpados de actuar con ambigüidade durante a República e de non apoiar claramente os ideais falanxistas deses anos.[2] Malia todo, axiña comezou a colaboración co novo réxime e, no segundo goberno de Franco, en agosto do 1939, varios socios entraron no goberno como José Larraz (en Facenda), José Ibáñez Martín (en Educación), e Pedro Gamero del Castillo (Ministro sen carteira).[3]

Posteriormente, os propagandistas constituíron unha das familias máis influentes do panorama español, especialmente na década dos anos 40 trala sinatura do acordo de 1941, entre o Vaticano e o estado franquista[4] e a derrota das Potencias do Eixe na Segunda guerra mundial que provocaron o desprazamento dos sectores da Falanxe Española en beneficio do nacional-catolicismo representado polos propagandistas, ata a aparición dos tecnócratas do Opus Dei.

No réxime franquista, os propagandistas, participaron amplamente nas estruturas do Ministerio de Xustiza[5] pero máis importante foi a súa influencia ocupándose dos ámbitos relacionados coa educación co xa citado Ibáñez Martín, quen foi minstro durante doce anos e que promocionou a outros propagandistas no ministerio e no CSIC, cando este foi creado en 1939.[5]

Tralo Concilio Vaticano II, algúns propagandistas, como Joaquín Ruiz-Giménez convertéronse en opositores ao réxime, en tanto que outros, integrados no grupo Tácito, premeron a prol da reforma do réxime. Moitos propagandistas tiveron un papel moi influente durante a Transición, chegando un deles, Leopoldo Calvo-Sotelo á presidencia do Goberno.

Proxectos

editar

Da ACdeP xurdiron varios proxectos:

Fundación Universitaria San Pablo CEU

editar
 
Universidade San Pablo CEU.

A Fundación Universitaria San Pablo CEU, da que dependen as universidades San Pablo de Madrid, Cardenal Herrera de Valencia e a Abat Oliba de Barcelona. Así coma cinco colexios de primaria e secundaria en Madrid, Valencia, Barcelona, Alacant e Murcia. Tamén conta con diferentes centros de posgraduado, unha escola de maxisterio e dúas escolas de negocios.

Da Fundación San Pablo Andalucía, fundada polos propagandistas andaluces depende a Universidade Fernando III cuxa propiedade está compartida coa Provincia de bética da Compañía de Xesús.

  1. 1,0 1,1 1,2 Barreiro Gordillo (2018), p. 682
  2. Barreiro Gordillo (2018), pp. 682-683
  3. Barreiro Gordillo (2018), pp. 683
  4. Barreiro Gordillo (2018), pp. 685
  5. 5,0 5,1 Barreiro Gordillo (2018), pp. 684

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar