Universidade Abat Oliba CEU
A Universidade Abat Oliba CEU (en catalán e oficialmente: Universitat Abat Oliba CEU) é unha universidade privada fundada no ano 2003 e situada en Barcelona, Cataluña (España). A súa denominación rende homenaxe á memoria do Abade Oliba.
Universitat Abat Oliba CEU | |
---|---|
Datos xerais | |
Localización | Barcelona |
Datos actuais | |
Reitor | Carlos Pérez del Valle |
Datos de contacto | |
Enderezo | C./ Bellesguard 30. 08022 |
Páxina web | www.uao.cat |
[ editar datos en Wikidata ] |
É unha das 3 universidades españolas pertencentes á Fundación Universitaria San Pablo CEU, unha institución fundada en 1933 pola Asociación Católica de Propagandistas, organismo creado á súa vez en 1908 polo Pai xesuíta Ángel Ayala.
Historia editar
A Universitat Abat Oliba CEU ten a súa orixe no Centro Universitario Abat Oliba CEU, que creou a Fundación San Pablo-CEU no ano 1973 mediante un convenio de adscrición e colaboración coa Universidade de Barcelona. Iniciou as clases na súa primeira sede da Avenida Pearson de Barcelona o ano 1974 e, desde entón formou a máis de 8.500 licenciados universitarios.
En 1993 trasládase ao Campus de Bellesguard, e como Centro Docente de Ensino Superior Abat Oliba CEU, xa imparte a totalidade das licenciaturas en Dereito e Administración e Dirección de Empresas, así como o primeiro ciclo da licenciatura en Economía.
Dez anos despois, a nova Universitat Abat Oliba CEU é recoñecida pola Lei 20/2003, do 4 de xullo, do Parlamento de Cataluña, creando dous centros en Barcelona: a Facultade de Ciencias Sociais e a Escola Politécnica de Enxeñería.
Titulacións de Grao editar
Ciencias da Comunicación
- Xornalismo (50% en inglés)
- Xornalismo (50% en inglés) + Ciencias Políticas
- Publicidade e Relacións Públicas
- Xornalismo + Relacións Públicas
Ciencias Económicas e Empresariais
- Mercadotecnia e Dirección Comercial
- Dirección de empresas
- Dirección de empresas + Dereito
- Economía e Xestión
Dereito e Ciencias Políticas
- Dereito
- Dereito + Dirección de empresas
- Dereito + Ciencias Políticas
- Dereito + Criminoloxía e Seguridade
- Ciencias Políticas
- Criminoloxía e Seguridade
Humanidades e Ciencias da Educación
- Educación Primaria
- Educación Infantil
- Educación Infantil + Educación Primaria
Psicoloxía
- Psicoloxía
Titulacións de Posgrao editar
- Masters Universitarios
- Títulos propios
- Doutoramentos
- Cursos de Especialización
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Web oficial da UAO (en catalán) (en castelán)