Universidade San Pablo CEU

Universidade española privada e católica

A Universidade San Pablo CEU, é unha universidade privada española situada en Madrid. Pertence á Asociación Católica de Propagandistas.

Universidade San Pablo CEU
Datos xerais
LocalizaciónEspaña Madrid, España
Datos actuais
ReitorJuan Carlos Domínguez Nafría
Alumnos11.100
Datos de contacto
EnderezoC./ Julián Romea, 23 Madrid
Páxina webUSP-CEU
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

A Universidade San Pablo CEU é unha universidade privada, recoñecida pola Lei Ley 8/1993 e creada pola Fundación Universitaria San Pablo CEU, obra da Asociación Católica de Propagandistas (ACdP).

O marco legal que fixo posible a Universidade está constituído polo artigo 27.6 da Constitución española, que se concreta na Ley de Reforma Universitaria de 1983.

O día 22 de febreiro de 1994, foi inaugurada polos Reis de España.

Campus editar

A Universidade San Pablo CEU posúe dous campus; un campus situado en Moncloa e outro en Montepríncipe.

Facultades e Escolas editar

Facultades e escolas da Universidade San Pablo CEU:

Facultade / Escola Campus
Facultade de Dereito Moncloa
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais Moncloa
Facultade de Humanidades e Ciencias da Comunicación Moncloa
Facultade de Medicina Montepríncipe
Facultade de Farmacia Montepríncipe
Escola Politécnica Superior Montepríncipe

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas  editar