Consello Superior de Investigacións Científicas

O Consejo Superior de Investigaciones Científicas ou Consello Superior de Investigacións Científicas, tamén coñecido polo acrónimo CSIC, é un organismo público autónomo estruturador da Ciencia e Tecnoloxía españolas. Pertence ó Ministerio de Ciencia e Innovación. O seu logotipo é a Árbore da Sabedoría.

Consello Superior de Investigacións Científicas


Nome curtoCSIC Editar o valor en Wikidata
TipoOrganismos Públicos de Investigación, axencia estatal española, consello de investigación, editorial, editor de acceso aberto e editorial académica Editar o valor en Wikidata
Parte deELIXIR España Editar o valor en Wikidata
Forma xurídicaaxencia estatal española e organismo autónomo Editar o valor en Wikidata
Personalidades
Cargo dirixentepresidente do Consello Superior de Investigacións Científicas Editar o valor en Wikidata
Presidente/aEloísa del Pino Matute (21 de xuño de 2022-) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoinvestigación científica Editar o valor en Wikidata
Entidades
MatrizMinisterio de Ciencia, Innovación e Universidades e Secretaría Xeral de Investigación Editar o valor en Wikidata
Data
Fundación24 de novembro de 1939 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
Localización
Mapa
 40°26′28″N 3°41′11″O / 40.44105, -3.68635
SedeCSIC central building, Madrid (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Área de operaciónEspaña Editar o valor en Wikidata
XurisdiciónEspaña Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBcsic.es Editar o valor en Wikidata
RedesFacebook: CSIC Twitter: CSIC Instagram: csic Youtube: UCCzO-Rkos3KuKOfssqcjaqw BNE: XX143227 Dialnet: 864287 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Fundouse no ano 1939, en substitución da Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas (JAE) que se fundara no ano 1907 no seo da Institución Libre de Enseñanza (ILE).[1] A ILE comezaba a ser unha das institucións científicas máis importantes en Europa e tiña contado con colaboracións de científicos mundiais do máis alto nivel como Charles Darwin, Henri Bergson e León Tolstoi. A JAE foi dirixida por Santiago Ramón y Cajal até o seu pasamento en 1934, e foi reestruturada polo goberno franquista co nome de CSIC. A antiga Junta para la Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas converteuse nun centro cun baixo peso na investigación europea e formado por científicos dun nivel medio mediocre,[2] pois a meirande parte deles tiveron que marchar ao exilio, principalmente a México. Dá idea do tipo de cambios introducidos polo franquismo o feito de que os homes fortes desta nova institución foran, por unha banda o seu presidente, o ministro de Educación José Ibáñez Martín, e por outra o membro do Opus Dei, o edafólogo José María Albareda. En xullo de 2024, foi o CSIC retirou un cadro en homenaxe ao seu primeiro director da ditadura, debido á súa participación na represión franquista.[3]

Funcionamento

editar

Réxese pola Lei de Fomento e Coordinación Xeral da Investigación Científica e Técnica (Lei 13/1986 de 14 de abril).

Os obxectivos e funcións actuais do CSIC, de acordo coa citada Lei e co seu regulamento (R.D. 140/1993 de 29 de xaneiro), son:

  • Realizar proxectos de investigación científica e tecnolóxica.
  • Asesorar ás administracións en materia científica.
  • Fomentar a ciencia
  • Colaborar coas Comunidades Autónomas nas súas propias actividades de investigación.
  • Colaborar coas universidades nas súas propias actividades de investigación.
  • Formación de investigadores e técnicos científicos.
  • Colaborar co Plan Nacional de I+D.

Divulgación

editar

Dentro do fomento da ciencia, o CSIC contempla tamén a divulgación. Así, durante a pandemia do COVID-19, na súa web púidose ver unha páxina cunha relación de ligazóns a instrumentos didácticos e de iniciación á investigación.[4]

Delegación en Galicia

editar

Da Delegación en Galicia do CSIC dependen o Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos, o Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, o Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia, a Misión Biolóxica de Galicia e o Instituto de Ciencias do Patrimonio.

Conta cunha Unidade de Cultura Científica (UCC) para promover a divulgación.[5]

Galería de imaxes

editar
  1. "Historia". www.jae2010.csic.es. Consultado o 14 de xullo de 2024. [Ligazón morta]
  2. Sánchez, José María López (2016). "El árbol de la ciencia nacionalcatólica: los orígenes del Consejo Superior de Investigaciones Científicas". Cuadernos de Historia Contemporánea (en castelán) 38: 171–184. ISSN 1988-2734. doi:10.5209/CHCO.53672. 
  3. Borraz, Marta (2024-07-12). "El CSIC reconoce su origen franquista y retira el cuadro de su primer presidente por participar en la represión". ElDiario.es (en castelán). Consultado o 2024-07-14. 
  4. "Aprende ciencia en casa con el CSIC - Consejo Superior de Investigaciones Científicas - CSIC - csic.es". www.csic.es. Consultado o 2020-05-21. 
  5. "UCC.CSIC.Galicia (@UCCGalicia) / Twitter". twitter.com. Consultado o 2020-04-13. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar