Benigno Varela Pérez
Benigno Varela Pérez, nado en Lugo en 1873 e finado na mesma cidade o 12 de xuño de 1962, foi un avogado, xornalista e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1873 Lugo, España |
Morte | 12 de xuño de 1962 (88/89 anos) Lugo, España |
Gobernador civil da provincia de Ourense | |
1935 – 1936 | |
Gobernador civil da provincia de León | |
1922 – | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , avogado , político |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Fillos | Mauro Varela Fernández |
Traxectoria
editarFillo de Juan Varela Gómez e Juana Pérez da Vila. Foi propietario e director de El Regional. Amigo de Manuel Portela Valladares, foi elixido deputado provincial polo distrito de Lugo de 1911 a 1921 e en decembro de 1922 foi nomeado gobernador civil de León.[1] Na República foi presidente da Agrupación provincial de Xurados mixtos de Lugo (1934) e foi nomeado gobernador civil de Ourense o 21 de decembro de 1935, posto no que permaneceu ata o 28 de febreiro de 1936. Membro do Partido del Centro Nacional Republicano, co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 23 de abril de 1937 e trasladado ao día seguinte á Cadea de Cáceres. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas e satisfeita a sanción, recobrou a libre disposición dos bens en 1941.[2] Finou en Lugo o 12 de xuño de 1962.[3]
Vida persoal
editarCasou con Felisa Fernández Varela, filla de José Fernández Carballo, e foi pai de Benigno, Mauro e José Varela Fernández.
Notas
editar- ↑ El Norte de Galicia, 11-12-1922, p. 2.
- ↑ BOE, 21-10-1941, p. 3838.
- ↑ El Progreso, 13-6-1962, p. 7.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Serrallonga i Urquidi, Joan (2007). "El aparato provincial durante la Segunda República. Los gobernadores civiles, 1931-1939" (PDF). Hispania Nova (7). Consultado o 6 de outubro de 2014.
Ligazóns externas
editar- Benigno Varela Pérez na base de datos do proxecto Nomes e voces.
- Ficha en Represión franquista en Lugo