Galicia Recreativa

Galicia Recreativa, foi un periódico galego que se editou Pontevedra entre 1890 e 1893.

Galicia Recreativa

Editar o valor em Wikidata
Lingualingua castelá
LocalidadePontevedra
Na rede
Galiciana: 9072
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Subtitulado Semanario Popular-Utile et Dulce, apareceu o 2 de febreiro de 1890. Dirixida por Hipólito Codesido Sánchez, entre os seus redactores estaba Javier Valcarce Ocampo. Revista de tendencia católica, incluíu información de actualidade, pero non política, retratos de persoeiros públicos, poemas e textos literarios. Entre os seus colaboradores figuraron Víctor de Silva Posada e Luis Cordavias Pascual. Publicou dous contos infantís de Amador Montenegro:[1] "Polos niños" e "As formillas".[2]

Entre novembro de 1891 e marzo de 1892 sufriu unha interrupción. Cesou a súa publicación o 26 de novembro de 1892. Parece que se seguiu publicando en 1893.[1]

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar