Víctor de Silva Posada

escritor, historiador e xornalista galego

Víctor de Silva Posada, nado en Mondoñedo o 25 de abril de 1858[1] e finado na mesma vila o 27 de decembro de 1925,[2] foi un escritor, historiador e xornalista galego.

Víctor de Silva Posada
Nacemento25 de abril de 1858
 Mondoñedo
Falecemento27 de decembro de 1925
 Mondoñedo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor, historiador e xornalista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Especializado en estudos históricos. Colaborou en El Hermandino e foi redactor de La Juventud e El Reparador de Mondoñedo. Publicou artigos en El Diario de Lugo, La Mañana, Galicia Diplomática, La Voz de Galicia, El Regional, Diario de Pontevedra, El Lucense, El Eco de Vivero e Galicia Recreativa. O seu “Episcopologio Mindoniense”, que comezou a publicarse por capítulos en El Lucense en 1891, quedou ás portas de ver a luz como libro. Militou no Partido Liberal e foi concelleiro de Mondoñedo. Foi membro correspondente da Real Academia da Historia e da Sociedade Económica de Amigos del País. Foi soterrado no Cemiterio Vello de Mondoñedo.

NotasEditar

  1. El Regional, 20-1-1908, p. 2.
  2. El Regional, 29-12-1925, p. 3.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar