El Eco de Vivero foi un semanario editado en Viveiro de 1888 a 1908.

El Eco de Vivero

Editar o valor en Wikidata
Fundación1888
Lingualingua castelá
LocalidadeViveiro
Na rede
Galiciana: 584223
editar datos en Wikidata ]

Historia e características

editar

Subtitulado Periódico de intereses locales, apareceu o 29 de xullo de 1888. O seu fundador e propietario foi Teodoro Botino Castro, e posteriormente pasou a mans de T. Ignacio Botino Gayoso. Foi dirixido por Severiano López Tojo, ao que sucederon Plácido Moas Cotilla e Jesús Noya González. Entre os seus colaboradores figuraban Camelia Cociña, Emilio Tapia Rivas, Alfredo García Dóriga, Antonio Noriega Varela, Víctor de Silva Posada e José Pérez Barreiro. No ámbito político foi rival de El Vivariense, periódico caciquil. Tiña seccións dedicadas á historia local e á literatura e destacou como publicación cultural. Cando Jesús Noya se fixo coa dirección foi publicando en forma de folletín os Apuntes para la historia de Vivero. Cesou a súa publicación o 26 de decembro de 1908. Foi substituído por La Voz de Vivero.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar