Alfredo García Dóriga
Alfredo García López-Dóriga, coñecido como Alfredo García Dóriga, nado en Viveiro o 13 de abril de 1849 e finado na mesma vila o 14 de decembro de 1911, foi un xornalista e escritor galego en lingua castelá, galega e asturiana.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de abril de 1849 Viveiro, España |
Morte | 14 de decembro de 1911 (62 anos) Viveiro, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor, xornalista, autor |
Membro de | |
Traxectoria
editarFillo de Cipriano José García Méndez e Eulogia López Dóriga, residiu de mozo en Oviedo, de onde era a súa nai. Alí colaborou en El Faro Asturiano e dirixiu La Revista Ovetense e La Crónica de Asturias. Viviu tamén en Santiago de Compostela, Salamanca e Mondoñedo, onde dirixiu o periódico local El Baluarte de Galicia. Finalmente asentouse en Viveiro, onde exerceu como bibliotecario e colaborou nos periódicos El Eco de Vivero e El Vivariense, a máis de colaboracións nalgunha obra como o Álbum Histórico, científico y literario de Galicia de 1887.
Posromántico e rexionalista, en castelán, foi narrador, poeta e articulista. En galego, escribiu algúns poemas que foron publicados en diferentes xornais da época. Algúns deles foron recollidos en Fuego del alma: Narraciones y leyendas (1966), volume póstumo bilingüe.
O seu poemario Lex Dei. Poema de Historia Sagrada (2012), versificación das sagradas escrituras, foi publicado cunha introdución biográfica por Emilio Ínsua.
En asturiano escribiu poemas na variedade de Llena, de onde procedía a súa familia materna, e varias das súas composicións apareceron na escolma Los nuevos bablistas (1925).[1]
Foi cronista de Viveiro e académico correspondente da Real Academia Galega.
Obra
editar- Colaboracións no Álbum Histórico, científico y literario de Galicia (1887).
- Fuego del alma: Narraciones y leyendas (obra póstuma, 1966).
- Lex Dei. Poema de Historia Sagrada (2012).
- "Improvisación", poema adicado a Pascual Veiga en El Compostelano.[2]
- Poema en asturiano.[3]
Notas
editar- ↑ Nel Amaro "La toponimia llariega na literatura" Lletres Asturianes 22
- ↑ "Improvisación"
- ↑ Poema en asturiano
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alfredo García Dóriga |
Bibliografía
editar- Chao Espina, Enrique (2005). "García López-Dóriga, Alfredo". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán) II. Bibliófilos Gallegos. p. 129.
- "Dóriga fai unha especie de versión poética da Biblia", La Voz de Galicia, 17/3/2012.
- "Reputado periodista en Galicia y Asturias y cronista efímero" La Voz de Galicia, 17/8/2005 (en castelán).
- "Nova de 'Álbum Histórico, científico y literario de Galicia'", no pregón da Semana Santa de Viveiro. p. 10.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Requeixo, Armando. "Noticia de Alfredo García Dóriga 17/4/2012.