El Baluarte de Galicia
El Baluarte de Galicia foi un periódico editado en Mondoñedo en 1893.
El Baluarte de Galicia | |
---|---|
Localidade | Mondoñedo |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarApareceu o 27 de febreiro de 1893. Saía á rúa bisemanalmente, os luns e os xoves nun principio,[1] e despois os mércores e sábados. Periódico político de Viveiro e Mondoñedo ao servizo do deputado liberal Servando Fernández Victorio. Estaba dirixido por Alfredo García Dóriga, Antonio Ibáñez Conde era redactor,[2] e entre os seus colaboradores figuraban Antonio Noriega Varela e José María Riguera Montero. Mantivo polémicas con El Diario de Mondoñedo.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Teijeira Fanego, Mari Paz; Torre Rioyo, María de la (1997). A prensa en Lugo: dous séculos de historia. Lugo: Deputación Provincial. p. 163. ISBN 84-8192-110-6.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. p. 67. ISBN 84-8288-137-X.