Plácido Moas Cotilla

avogado e xornalista galego

Plácido Moas Cotilla foi un avogado e xornalista galego.

Infotaula de personaPlácido Moas Cotilla
Biografía
Nacementoséculo XIX Editar o valor em Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , xornalista Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioAmado L. Picos Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Sucedeu a Severiano López Tojo na dirección de El Eco de Vivero dende 1889.[1] Abandonou a dirección en 1893 e converteuse en administrador do periódico. En 1906 cesou como administrador pero continuou colaborando no xornal co pseudónimo Amado L. Picos. Foi secretario do xulgado municipal de Viveiro, abandonando o cargo en 1895 para traballar como procurador.[2] En 1905 foi nomeado fiscal municipal suplente de Viveiro.[3] Marchou a Cuba, onde foi socio do Hotel Dos Hermanos, regresando a Galicia en 1921.[4]

Notas editar

  1. El Eco de Galicia, 17-4-1889, p. 3.
  2. El Eco de Galicia, 16-7-1895, p. 3.
  3. El Noroeste, 19-8-1905, p. 1.
  4. Diario de la Marina, 30-5-1921, p. 2.