La Mañana (A Coruña)
xornal editado na Coruña entre 1888 e 1902
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: La Mañana.
La Mañana foi un xornal editado na Coruña entre 1888 e 1902.
Historia e característicasEditar
Xornal de tendencia conservadora, órgano oficioso de Aureliano Linares Rivas, apareceu en febreiro de 1888. Subtitulado Diario Liberal-Conservador dende 1896. Foron os seus directores Eladio Rodríguez González, Pedro Seoane Varela (1895), Ventura García Rivera (1896), Vicente María Pardo Tenreiro e Adolfo Lahorra Tello (1902)[1]. Editábase nos obradoiros do propio xornal. Cesou a súa publicación a finais de xullo de 1902, sendo substituído por Diario de La Coruña[2].
NotasEditar
- ↑ Noticia en Diario de Pontevedra, 6-3-1902, p. 3.
- ↑ La Correspondencia Gallega, 4-8-1902, p. 3.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Do Castro, ed. Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada. ISBN 84-7492-489-8.