Galicia Diplomática

Galicia Diplomática foi unha revista editada en Santiago de Compostela entre 1882 e 1893.

Galicia Diplomática
PaísEspaña
Lugar de publicaciónSantiago de Compostela
Lingualingua castelá
Na rede
Galiciana: 407332
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Subtitulada Revista semanal de Archivos y Bibliotecas, Historia, Arqueología, Heráldica, Literatura, Ciencia y Artes, apareceu o 9 de xullo de 1882. Foi a primeira revista histórica de Galicia. Fundada e dirixida por Bernardo Barreiro, entre os seus colaboradores estaban José Villaamil Castro, Alfredo Vicenti, Pablo Pérez Costanti, Pedro Rodríguez, Francisco María de la Iglesia, Eduardo Pondal e Valentín Lamas Carvajal. Tiña unha sección literaria na que se reproduciron cantigas, poemas e biografías. Publicou gravados de Enrique Mayer.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar