Juan Ramón Somoza

xornalista e escritor galego

Juan Ramón Somoza, nado en San Cosme de Barreiros (Barreiros) e finado o 12 de marzo de 1927[1], foi un xornalista e escritor galego.

Juan Ramón Somoza
Lugar de nacementoBarreiros
Falecemento12 de marzo de 1927
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estudou no Seminario de Mondoñedo. Foi membro do Grupo Republicano Federal de Lugo. A finais do século XIX exiliouse en Cuba. Na Habana coñeceu a Curros Enríquez e colaborou no Diario de la Marina e El Comercio, publicou artigos en Galicia (1902 a 1905), da que foi xefe de redacción. Fundou o semanario La República Española e dirixiu o semanario España Republicana en América (1904). Na Habana publicou Horas de ocio (1905). Trasladouse a Lugo en 1906, onde foi xefe de Obras Públicas, e continuou o seu labor como xornalista: colaborou en La Alborada, Alma Gallega, Aires da Miña Terra, El Eco de Galicia e El Regional, La Ilustración Gallega e Revista Gallega, dirixiu La Democracia, foi redactor de El Progreso, El Norte de Galicia e redactor xefe de La Provincia. Moitas das súas colaboracións están asinadas como Juan R. Somoza. Tamén utilizou os pseudónimos Marqués de Barreiros, San Cosme e Pardo de Cela.

ObrasEditar

  • Horas de ocio, 1905.
  • Miscelánea. Colección de artículos literarios, 1908.
  • Serpentinas. Crónicas, impresiones literarias, notas de arte, cuentos, impresiones de viaje, 1910.
  • Semblanzas, 1915.
  • Mis devociones, 1920.

Vida persoalEditar

Casou con Celsa Amieiro.

NotasEditar

  1. El Pueblo Gallego, 12-3-1927, p. 9.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar