La Alborada

publicación periódica editada na Habana en 1912

La Alborada foi unha publicación periódica que se editou na Habana en 1912.

La Alborada

Editar o valor en Wikidata
Fundación1912
Lingualingua castelá
LocalidadeA Habana
editar datos en Wikidata ]

Historia e características

editar

Subtitulado Órgano de la Colonia Gallega de Cuba. Ilustración Regional Gallega, apareceu o 10 de xaneiro de 1912. Publicación mensual, Roberto Blanco Torres (co pseudónimo de Fray Roblanto) era o redactor xefe, e contou con colaboracións de Abdón Rodríguez Santos, J. M. Riguera Montero, S. T. Sollozo, José Lesta Meis, M. Rodríguez Rendueles, Manuel Núñez González, Manuel Murguía, Antonio Rey Soto, Valle Inclán, José A. Seara e L. Bouzade. Apoiaba a Unión Galega en Cuba. Contén literatura popular galega, información sobre as actividades das sociedades galegas de Cuba, recensións de viaxeiros, biografías, descricións de costumes e tradicións de Galicia e unha sección que inclúe noticias das catro provincias. Publicou poemas de Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez, Eduardo Pondal, Valentín Lamas Carvajal e Manuel Núñez González, e narracións nunha sección titulada Contos e lerias. Destacan as recensións en torno ao traballo das sociedades de instrución e un artigo de Abdón Rodríguez Santos sobre a figura de Basilio Álvarez. O último número coñecido é o 9, dese mesmo ano de 1912.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar