Abrir o menú principal

José María Riguera Montero

escritor galego

José María Riguera Montero, nado en Nogueira (Ourol) o 19 de setembro de 1845 e finado en Viveiro o 15 de outubro de 1922, foi un escritor e xornalista galego.

José María Riguera Montero
José Riguera Montero 1922.jpg
Retrato en Vida Gallega, 1922.
AlcumeRamón Erotiguer e Bernardo Miranda
Nacemento19 de setembro de 1845
 Ourol
Falecemento15 de outubro de 1922
 Viveiro
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e escritor
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Fillo de Tomás Benito Riguera Losada e Francisca Montero Fernández, naturais de Xermade e Ourol. Estudou Latín e Humanidades en Viveiro e cursou tres anos de Filosofía e Letras e outros tres de Teoloxía no Seminario de Mondoñedo. Abandonou o semanario e emigrou a Montevideo en 1870. Alí fundou o Instituto Oriental, establecemento de ensinanza superior. Catedrático de Latinidad, estudou seis anos na Facultade de Dereito e Ciencias Sociais da Universidade de Montevideo, e alcanzou o grao de Doutor. Foi presidente e asesor da primeira Asociación de Socorros Mutuos establecida en Uruguai. Colaborou na prensa americana.

Por motivos de saúde, viuse obrigado a regresar a Galicia. Estableceuse na Coruña, onde promoveu unha delegación da sociedade Vivero y su Comarca e financiou diversos actos culturais.

Foi vicepresidente do consello de administración de La Voz de Galicia e colaborou en Vida Gallega e outras publicacións utilizando os pseudónimos Ramón Erotiguer e Bernardo Miranda, filósofo mindoniense.

ObrasEditar

  • Vindicación de la Gramática Castellana, 1892, que lle valeu o acceso á Academia Española de Uruguai.
  • Humilde tributo de amor, dedicada á súa nai, Francisca Montero.
  • Carta abierta a Tomás Riguera Losada.
  • El matrimonio. Disertación sobre el derecho de sucesión.
  • Estudios acerca de la verdadera cuna y oriundez de Miguel Cervantes Saavedra, 1905.
  • Cuestiones filológicas, 1916.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Donapétry Yribarnégaray, Juan (1953). Historia de Vivero y su concejo. p. 462. Consultado o 13 de abril de 2013. 
  • Libro 5 de Bautizados de Sª Mª de Ourol (1830-1851), folio 156 reverso. Arquivo Diocesán de Mondoñedo: "Nogueyra José Mª Juan En veinte de septiembre de cuarenta y cinco, yo el infraescripto, Cura propio de ésta de Sta. Mª de Orol, bauticé solemnemente un niño, que nació ayer tarde, hijo legítimo de Thomás Rigueyra y Losada y su segunda mujer Francisca Fernández de Nogueyra en ésta, abuelos paternos Francisco Rigueyra y [Lda.] Y su mujer Mª Martínez, de Sta. Mª de Jermade, maternos Juan Montero y su mujer Vicenta Fernández, del dicho Nogueyra, púsele nombre José Mª Juan, padrinos avisados, el expresado abuelo materno, y Mª Vicenta Ángela Cao Rodríguez, soltera, hija del padre del niño y su primera mujer Francisca Cao Rodríguez, difunta, del dicho Nogueyra. Firmo ut supra =                    Firmado: Manuel José Villar"