Manuel Núñez González

rexistrador e poeta galego

Manuel Núñez González, nado en Vilardevós o 5 de agosto de 1885 e finado no mesmo concello o 13 de febreiro de 1917[1], foi un rexistrador e poeta galego.

Manuel Núñez González
Nacemento5 de agosto de 1885
Lugar de nacementoVilardevós
Falecemento13 de febreiro de 1917
Lugar de falecementoVilardevós
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritor, rexistrador da propiedade e autor
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Fixo o Bacharelato en Ourense, onde foi alumno de Marcelo Macías. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, e nesa época militou no Partido Liberal Fusionista canda a Eugenio Montero Ríos. Fixo oposicións como rexistrador da propiedade, e logrou a praza en La Almunia de Doña Godina, na provincia de Zaragoza, e logo de pedir o traslado foi destinado a Vilalba.

Publicou algúns poemas como "Alborada", "Os amores da terriña" e "Aurora" (asinados ás veces co pseudónimo Ma-Nu-Gon) na publicación O Tio Marcos d'a Portela e a lenda A namorada cautiva na revista O Galiciano (que despois recolleu en Salaios).

Ingresou como membro da Compañía de Xesús, e escribiu en castelán poemas místicos. Tivo que abandonala antes de pronunciar os votos definitivos a causa dunha grave enfermidade que lle causou a morte. Foi elixido membro de número da Real Academia Galega pero non chegou a ler o seu discurso de ingreso, La compañía gallega[2].

É tamén autor do folleto "Manojo de iniquidades o un feudal del siglo XIX", escrito contra un político da comarca de Verín e publicado en Portugal. Como narrador publicou "O muíño dos tíos Mariquiñas. Conto” en O Tio Marcos d'a Portela. Colaborou en La Opinión de Verín.

Notas Editar

  1. José Enrique Moreno del Castillo (13/02/2017). "Centenario de Manuel Núñez González". La Región (en castelán). 
  2. Núñez González, M. (2014). La Compañía Gallega. A Coruña: Real Academia Galega. 

Obras Editar

  • Salaios. Versos gallegos, 1895.
  • La poesía popular gallega, 1894.
  • Efusivas, 1908
  • Manojo de iniquidades o un feudal del siglo XIX.

Véxase tamén Editar

Bibliografía Editar