La Almunia de Doña Godina

La Almunia de Doña Godina é un municipio de 7.633 habitantes, capital da comarca de Valdejalón, na provincia de Zaragoza, Aragón, situado nunha importante confluencia de camiños do cuadrante nordeste de España.

Torre mudéxar da igrexa de Nosa Señora da Asunción.

Entre os seus monumentos destacan a igrexa parroquial da Nosa Señora da Asunción e a súa torre mudéxar, as construcións da orde de San Xoán do Hospital, o Convento de San Lourenzo e a ermida da nosa Señora de Cabanas.

A economía baséase en produtos agrícolas como as cereixas, os pexegos e as mazás. Conta cunha importante e crecente actividade industrial e un gran número de comercios e supermercados para dar servizo a todos os visitantes e consumidores.

A oferta educativa de La Almunia está cuberta desde preescolar, secundaria, bacharelato e formación profesional ata os estudos universitarios. Conta con dous colexios e dous institutos e é sede do campus da Escola Universitaria Politécnica, adscrita á Universidade de Zaragoza.

Aquí naceu o cineasta Florián Rei e pasou os seus últimos días Martín de Garay, ministro de Facenda de Fernando VII de España.

Filipe V de España e IV de Aragón concedeulle os títulos de Moi Nobre e Fidelísima Vila.