Abdón Rodríguez Santos
Abdón Rodríguez Santos, nado en Ourense o 16 de xullo de 1885 e finado en Madrid o 2 de xaneiro de 1971, foi un xornalista e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de xullo de 1885 Ourense, España |
Morte | 2 de xaneiro de 1971 (85 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor |
Familia | |
Fillos | Raquel Rodrigo |
Irmáns | Luís Rodríguez Santos |
Traxectoria
editarFillo de José María Rodríguez Iglesias. Fixo os estudos primarios no Colexio San José de Calasanz que rexentaba Pío Ramón Ojea. Cursou a carreira eclesiástica que máis tarde abandonou. Marchou a Cuba e dedicouse ao comercio, a ensinanza e o xornalismo. Co seu irmán Luís publicaron por entregas en Diario de la Marina a novela curta Los harapos del lujo en 1907.[1] Foi membro da Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega, da que foi vicesecretario en 1911.[2] Colaborou en Labor Gallega e nas revistas editadas na Habana Galicia, Suevia, Galicia Gráfica, La Patria Gallega, La Alborada, La Tierra Gallega, Eco de Galicia, Alma Gallega e Heraldo de Galicia. Retornou a España a mediados dos anos vinte e dedicouse aos seguros. Amigo e íntimo colaborador de Roberto Blanco Torres, viaxou con el a Marrocos en 1929. A principios dos anos trinta instalouse en Madrid. Militou no Partido Republicano Federal.[3] Durante a guerra civil permaneceu en Madrid, traballando como axente de seguros e mestre. En setembro de 1939 foi acusado de derrotismo.[4] No franquismo traballou como inspector de seguros de La Mutua Franco Española,[5] e colaborou en La Región e El Progreso. Nos anos cincoenta instalouse ne Bilbao.[6] Finou en Madrid o 2 de xaneiro de 1971.[7]
Obra
editarVida persoal
editarCasou na Habana con Marina López Rosabal o 9 de febreiro de 1910,[8] coa que tivo tres fillos: Abdón, Raquel Rodrigo e Luis Manuel Rodríguez López. Marina faleceu en Madrid o 6 de setembro de 1979.[9]
Notas
editar- ↑ Diario de la Marina, 3-9-1907, p. 10.
- ↑ Galicia, 11-7-1911, p. 7.
- ↑ El Liberal, 31-8-1930, p. 6.
- ↑ Expte. nº 39 instruido contra RODRIGUEZ SANTOS, Abdón por el delito/s de Derrotismo.
- ↑ La Región, 29-7-1941, p. 2.
- ↑ "Abdón Rodríguez Santos" por Ben-Cho-Shey, La Región, 26-7-1958, p. 3.
- ↑ La Región, 12-1-1971, p. 3.
- ↑ Galicia, 12-2-1910, p. 6.
- ↑ Necrolóxica en ABC
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Carballo Calero, Ricardo (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea. Galaxia. p. 575. ISBN 84-7154-227-7.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) III. Bibliófilos Gallegos. p. 231.