Xosé Lesta Meis

escritor e xornalista galego

Xosé Francisco Lesta Meis, nado en Eirís de Arriba (Oza, A Coruña) o 16 de marzo de 1887 e finado en Eirís de Abaixo o 22 de decembro de 1930, foi un escritor e xornalista galego, vencellado aos intelectuais da Xeración Nós e aos escritores relacionados coas Irmandades da Fala.

Xosé Lesta Meis
Nacemento16 de marzo de 1887
Lugar de nacementoEirís de Arriba
Falecemento22 de decembro de 1930
Lugar de falecementoEirís de Abaixo
Soterradocamposanto de Oza
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor, xornalista e autor
CónxuxeRogelia Raso Naya
XénerosNarrativa
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Logo de traballar na infancia nas labores agrícolas na súa aldea natal, emigrou a Cuba. Na Habana faise cunha formación autodidacta mentres traballa nas plantacións de azucre. Despois dedícase ao xornalismo, mantendo en Eco de Galicia a sección De mi tierra entre 1925 e 1930 e colaborando n' A Nosa Terra. De regreso a Galicia viviu na Coruña. Formou parte das Irmandades da Fala e estivo vencellado á Xeración do 16.

Foi un dos narradores máis salientábeis da promoción das Irmandades da Fala. A súa prosa realista retrata os costumes da xente que lle foi máis próxima, o mundo rural, a emigración, aproveitando para verter a súa experiencia autobiográfica.

Casou con Rogelia Raso Naya.[1]

Obra editar

Galería de imaxes editar

 
Manecho o da rúa, 1926.
Manecho o da rúa, 1926. 
 
Estebo, 1927.
Estebo, 1927. 
 
Abellas de ouro, 1930, p. 15.
Abellas de ouro, 1930, p. 15. 

Notas editar

  1. Monterroso, X. M. (29/10/1986). "Morreu Rogelia, viva Matilde!". suplemento Cataventos, El Ideal Gallego. 
  2. Iglesias, Xabier (10/10/2012). "Manecho o da rúa". OslibrosdeAnxelCasal.blogspot.com. 
  3. Iglesias, Xabier (27/9/2014). "Estebo". OslibrosdeAnxelCasal.blogspot.com. 
  4. Iglesias, Xabier (14/12/2013). "Abellas de ouro". OslibrosdeAnxelCasal.blogspot.com. 
  5. "La Voz entrega «Abellas de ouro», trece retratos literarios de Lesta Meis". La Voz de Galicia. 29/9/2002. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar