Diario de la Marina
Diario de la Marina foi un xornal cubano de carácter conservador, editado na Habana entre 1844 e 1960, autodenominado "El decano de la prensa cubana".
Diario de la Marina | |
---|---|
Fundación | 1 de abril de 1844 |
Fundador | Isidoro Araújo de Lira |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | A Habana |
ISSN | 2335-5344 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarDiario de la Marina apareceu o 16 de setembro de 1832[1] co nome El Noticioso y Lucero (produto da fusión dos diarios El Noticioso, fundado o 12 de decembro de 1813; e El Lucero, fundado en 1830) fundado por Nicolás Rivero. Adoptou o nome Diario de la Marina o 1 de abril de 1844. A partir de 1857 pasou a ser propiedade dunha sociedade integrada por industriais da illa. Mantívose en circulación diaria durante máis de cen anos gañando o cualificativo de "El decano de la prensa cubana". Está considerado como un dos rotativos máis influentes de Cuba entre 1902 e 1959.
Os seus directores foron: Isidoro Araújo de Lira (fundador), Dionisio Alcalá Galeano, José Ruiz de León, Fernando Fragoso, Luciano Pérez Acevedo, Nicolás Rivero Muñiz, José Ignacio Rivero Alonso (Pepín), e José Ignacio Rivero (Pepinillo), neto de Ignacio Rivero.
Na década dos anos 20 ampliou as súas páxinas coa inclusión dun suplemento literario, considerado o de maior transcendencia durante a República. O suplemento literario estivo dirixido por José Antonio Fernández de Castro e incluíu humorismo, cine, anuncios clasificados e folletíns. O suplemento foi un dos voceiros do vangardismo en Cuba e acolleu destacadas plumas das letras da illa e doutras latitudes como: Martí Casanovas, Raúl Roa, Enrique de la Osa, José Lezama Lima, Rafael Suárez Solís, Alejo Carpentier, Andrés Núñez Olano, Gastón Baquero, Manuel Navarro Luna, Luis Felipe Rodríguez, Ramiro Guerra, Pedro Henríquez Ureña, Miguel Ángel Asturias, Enrique Gómez Carrillo, Jorge Luis Borges e José Carlos Mariátegui, entre outros.
Como publicación monárquica, durante a época colonial apoiou a política española. E segundo o xornal Juventud Rebelde, apoiou a ditadura de Fulgencio Batista, e publicou informacións falsas contra os revolucionarios que atacaron o Cuartel Moncada en 1953.[2]
Publicou a súa última edición o 12 de maio de 1960.[3] Posteriormente continuou a súa publicación como un semanario editado en Miami ata 1961, logo do fracaso da invasión de Baía de Cochinos.[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Falleció José Ignacio Rivero, último director del Diario de la Marina". Café Fuerte. 3 de agosto de 2011. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2020. Consultado o 23 de xuño de 2012.
- ↑ La infamia batistiana y la juventud martiana, por Luis Hernández Serrano.
- ↑ "La historia de Cuba desde 1959 en gráficos, fotos y vídeos". Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2012. Consultado o 1 de octubre de 2008.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Diario de la Marina". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
Ligazóns externas
editar- Diario de la Marina Arquivado 31 de decembro de 2015 en Wayback Machine. na Biblioteca Digital del Caribe