Abrir o menú principal

El Hermandino foi un periódico editado en Mondoñedo entre 1882 e 1886.

Historia e característicasEditar

Subtitulado Periódico bisemanal, apareceu o 6 de xullo de 1882. Publicábase os mércores e sábados. A partir do número 140 do 2 de febreiro de 1884 cambiou o subtítulo por Periódico bisemanal de intereses generales y noticias. Dirixido por Pedro Rodríguez Gómez, editábase na imprenta de Hermenegildo Mancebo. De tendencia liberal, publicaba como suplemento unha Hoja literaria quincenal na que colaboraron Manuel Amor Meilán e Pedro Rodríguez Gómez. Aínda se publicaba en novembro de 1886[1].

NotasEditar

  1. El Eco de Galicia, 22-11-1886, p. 2.

Véxase taménEditar