Javier Valcarce Ocampo
Javier Valcarce Ocampo, nado en Lugo e finado na Coruña o 27 de febreiro de 1922, foi un avogado, escritor e xornalista galego.
Javier Valcarce Ocampo | |
---|---|
Nacemento | século XIX |
Lugar de nacemento | Lugo |
Falecemento | 27 de febreiro de 1922 |
Lugar de falecemento | A Coruña |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | xornalista, escritor e avogado |
Fillos | Javier Valcarce García |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e colaborou en El Estudiante e El Tricornio, que chegou a dirixir. En outubro de 1883 escribiulle a Rosalía de Castro para incluír neste xornal fragmentos de Cantares gallegos.[1] Foi tamén redactor de El Eco de Santiago e Gaceta de Galicia.
Tras pasar por Mugardos, Cuenca, León e Santiago, instalouse en Pontevedra, onde era oficial do Goberno Civil,[2] colaborou en Diario de Pontevedra, El Ciclón, Galicia Recreativa e El Ángel del Hogar, usando en ocasións os pseudónimos Ervija,[3] Juan José e Un xeiteiro.[4] En 1907 publicou La redención de foros, dedicado a Eduardo Vincenti e cun prólogo de Augusto González Besada, que gañou o Certamen Social y Literario de Pontevedra, convocado pola Asociación Protectora del Obrero, e que serviu como liña táctica para os inicios da loita agraria do Directorio de Teis.
Trasladouse despois a Palencia (1911) e finalmente á Coruña onde foi oficial primeiro do concello, funcionario do Goberno Civil e colaborou en El Ideal Gallego coa sección "Prosas rimadas" asinando co pseudónimo Pifartos.[5]
Obras editar
Teatro editar
- Luchar con el corazón, 1884.
- El gran proyecto, 1888.
- Pontevedra en el siglo XX, 1891.
- Siluetas, 1893.
- Palique, 1901.
- Una noche en el infierno, 1906.
- Soledad, 1908.
Narrativa editar
- María
Poesía editar
- Flores de espino, 1900.
Ensaio editar
- La redención de foros, 1907.
Vida persoal editar
Casou con Camila García Gallego e foi pai de María Valcarce García e do tamén escritor Javier Valcarce García.
Notas editar
- ↑ Rodríguez Yordi, J. (1959). "Una carta a Rosalía". Boletín da Real Academia Galega. 333-338: 68.
- ↑ Faro de Vigo, 23 de agosto de 2018.
- ↑ Diario de Pontevedra, 13 de decembro de 1900, p. 2.
- ↑ El Áncora, 28 de febreiro de 1903, p. 2.
- ↑ El Progreso, 2-3-1922, p. 2.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán). Bibliófilos Gallegos.