El Ángel del Hogar

El Ángel del Hogar foi unha revista editada en Pontevedra e Vigo entre 1894 e 1897.

Historia e característicasEditar

Subtitulada Revista enciclopédica destinada exclusivamente a la mujer, ciencias, literatura, higiene, modas, labores y conocimientos útiles, apareceu en xuño de 1894. De periodicidade quincenal, estaba dirixida por Sarah Lorenzana Couto e editábase na imprenta de La Unión Republicana de Pontevedra. Entre os colaboradores figuraban Rogelio Lois Estévez, Joaquín Olmedilla, a baronesa de Olivares, María Concepción Jimeno e Javier Valcarce Ocampo. Incluía informacións que contribuían á educación da muller. Empregaba o castelán pero publicou algún poema en galego. En 1896 recibiu a Medalla de Prata e un diploma na Exposición Rexional de Lugo.

En 1896, con motivo do traslado da directora a Vigo, a revista continuou publicándose nesta localidade. Desapareceu probablemente en 1897.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar