Facultade de Belas Artes de Pontevedra
A facultade de Belas Artes de Pontevedra é un centro universitario situado no campus de Pontevedra, no centro da cidade. A facultade fundouse en 1990 en Pontevedra[1] e ten a súa sede no antigo cuartel de San Fernando,[2] un edificio neoclásico de principios do século XX. É a única Facultade de Belas Artes de Galicia e do noroeste de España e pertence á Universidade de Vigo.
Facultade de Belas Artes de Pontevedra | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Nome curto | BBAA ![]() | |||
Tipo | facultade ![]() | |||
Parte de | Universidade de Vigo ![]() | |||
Sede | Cuartel de San Fernando ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia de Pontevedra | |||
Concello | Pontevedra ![]() | |||
Localización | campus de Pontevedra ![]() | |||
Código postal | 36002 ![]() | |||
Enderezo | Calle Maestranza, 2 ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 31 de xullo de 1990 ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Arquitecto | César Portela e Bonifacio Menéndez Conde y Riego ![]() | |||
Número estudiantes | 700 ![]() | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | belasartes.uvigo.es… ![]() | |||
Teléfono | +34-986-80-18-00 ![]() | |||
Redes | ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Historia
editarNos anos 80 do século XX diversos docentes de debuxo capitaneados polo profesor José Roselló Valle xunto con políticos da época, como o entón responsable de Cultura na Deputación de Pontevedra, Adriano Marques, loitaron e fixeron múltiples trámites e xestións para que a cidade tivese unha Facultade de Belas Artes no proxecto de creación da futura universidade que nesa época denominábase Universidade Galicia Sur.[3]
A Facultade de Belas Artes de Pontevedra foi creada en 1990 polo decreto 416/1990, do 31 de xullo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no seu artigo 14.[4] O primeiro plan de estudos foi aprobado o 9 de xullo de 1990 e adoptouse o plan estudos da Universidade de Salamanca publicado para o primeiro e segundo ciclo da carreira nos BOE do 20 de xullo de 1983 e do 17 de marzo de 1987.[5]
Nos catro primeiros anos a facultade de Belas Artes estivo instalada provisionalmente no antigo fogar provincial na rúa Serra, con certa precariedade en canto a medios materiais e espazo.[6] [7][8]
O 15 de decembro de 1994 a facultade trasladouse á sede actual, o edificio do antigo Cuartel de San Fernando, no centro da cidade, logo dun proxecto de adquisición e reforma do edificio: diversas consellerías da Xunta de Galicia, o concello de Pontevedra e a Universidade puxeron o diñeiro para a compra do edificio e a Deputación de Pontevedra financiou as obras de reforma.[1][9] Segundo o alcalde da época, Javier Cobián, o proxecto total supuxo 2000 millóns de pesetas.[10]
Desde os inicios, houbo unha grande interactuación entre o alumnado da facultade e a cidade de Pontevedra, coa realización de instalacións, performances e obras polas rúas.[11][12]
Titulacións
editar- A facultade imparte o grao en Belas Artes.[13]
Como estudos de posgrao acolle na actualidade o seguinte máster:
- Mestrado en Deseño e Dirección Creativa en Moda.[14]
Ademais o centro ofrece o Doutoramento en Creación e Investigación en Arte Contemporánea.[15]
Instalacións
editarO grande edificio da facultade é o antigo cuartel neoclásico de San Fernando, obra do arquitecto Bonifacio Menéndez Conde, construído entre 1906 e 1909 e reformado en 1994 polo arquitecto César Portela Fernández-Jardón para converterse en sede da facultade e albergar os estudos de Belas Artes.
A facultade dispón da sala X, situada á entrada do edificio, onde se adoitan celebrar exposicións e eventos.[16]
A Biblioteca de Belas Artes conta con 55 títulos de publicacións periódicas, 9.600 volumes e 108 postos de lectura.[17]
Nos obradoiros multiúsos, dotados de ferramenta de man e maquinaria específicas, lévanse a cabo os talleres de metal, madeira, cerámica, plástico e outros materiais. Outros laboratorios do centro son o de audiovisuais (con quince postos con equipamentos de edición dixital), informática (vinte equipos con equipamentos informáticos para edición de imaxe dixital, 3D, deseño de páxinas web e tratamento fotográfico dixital), técnicas gráficas (instalacións para gravado calcográfico) e fotografía.
Equipo decanal
editarA decana é Silvia García González, sendo Susana Cendán Caaveiro a vicedecana de organización académica.[18]
Cultura
editarO patrón da facultade é santo Ero e a facultade celebra a súa festividade no mes de maio.[19]
Alumnos que estudaron na facultade
editarGalería
editar-
Entrada e nome da facultade na fachada
-
Biblioteca da facultade no último andar
-
Fachadas sur e leste da facultade
-
Escudo de armas de España na parte superior da fachada
-
Fachada principal diante dos Xardíns do Doutor Marescot
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "20 años desde que los pinceles sustituyeron a los fusiles". Pontevedra Viva (en castelán). 15 de decembro de 2014.
- ↑ "Belas Artes celebra su cuarto de siglo". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de outubro de 2015.
- ↑ "Muere José Roselló, el profesor rebelde que luchó para que Pontevedra tuviese facultad de Bellas Artes". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de febreiro de 2022.
- ↑ "DECRETO 416/1990, de 31 de julio, por el que se crean centros y se concede autorización para implantar estudios conducentes a las titulaciones que se relacionan en el sistema universitario de Galicia.". Diario Oficial de Galicia (en castelán). 10 de agosto de 1990.
- ↑ "Resolución de 15 de abril de 1994, de la Universidad de Vigo, por la que se ordena la publicación de los planes de estudio conducentes a la obtención de los títulos de Licenciado en Derecho de la Facultad de Derecho de Orense, Licenciado en Geografía e Historia de la Facultad de Humanidades de Orense y Licenciado en Bellas Artes de la Facultad de Bellas Artes de Pontevedra y los planes de estudio de los primeros ciclos de las licenciaturas de Química y Biología de la Facultad de Ciencias de Vigo." (PDF). Boletín Oficial del Estado (en castelán). 7 de maio de 1994.
- ↑ "Bellas Artes celebra su cuarto de siglo con una jornada de puertas abiertas y múltiples actividades". Pontevedra Viva (en castelán). 30 de outubro de 2015.
- ↑ "De cuartel militar a centro del arte". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de decembro de 2014.
- ↑ "Los alumnos de Bellas Artes de Pontevedra, en huelga indefinida". El País (en castelán). 8 de novembro de 1994.
- ↑ "Un cuartel que ahora es Facultad". Diario de Pontevedra (en castelán). 13 de novembro de 2022.
- ↑ "Soy un pontevedrés que intentó hacer más cosas por su ciudad de las que le dejaron". Diario de Pontevedra (en castelán). 3 de febreiro de 2019.
- ↑ "Bellas Artes sigue dejando huella en la ciudad". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de outubro de 2014.
- ↑ "La calle se libra de sustos". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de novembro de 2009.
- ↑ "Belas Artes: así será el próximo curso en uno de los grados del campus con docencia presencial". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de agosto de 2020.
- ↑ "Un máster sustituirá los estudios del título propio en Deseño Téxtil e Moda". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de xullo de 2016.
- ↑ "Marco Moreira y sus máquinas de dibujar". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de outubro de 2022.
- ↑ "La Sala X de Bellas Artes acogerá la muestra surrealista 'Al cantar brilla'". Pontevedra Viva (en castelán). 6 de marzo 2021.
- ↑ "Elige tu sitio preferido de la ciudad para hincar los codos". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de maio de 2017.
- ↑ "Silvia García, decana de Bellas Artes en Pontevedra, esta tarde en "Sentirmos a arte"". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de abril de 2018.
- ↑ "Belas Artes rinde su particular homenaje a San Ero". Diario de Pontevedra (en castelán). 15 de maio de 2008.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Facultade de Belas Artes de Pontevedra |
Outros artigos
editar- Cuartel de San Fernando de Pontevedra
- Facultade de Deseño de Pontevedra
- Facultade de Dirección e Xestión Pública de Pontevedra
- Facultade de Comunicación de Pontevedra